Bruan meu, logo imos adiante...

OUUUUuuuu

Seica andan as cousas revoltas mais aló do manzanal. A redacción da reforma de estatuto da macrocomunidade castelan-leonesa no pazo do congreso en Madrid inclue unha mención á realidade diversa do dito territorio e, concretamente, á singularidade do Bierzo.

Eu estou conforme con que se trata dun territorio singular mais aló da fermosura da súa paisaxe e do indubidable valor do seu patrimonio histórico i étnico-cultural; o que non me convence é que para determinar xuridicamente dita singularidade se argumente coa "traxectoria institucional" porque as institucions, aínda formando parte da paisaxe humana, son froito das situacions; moitas veces cruentas, da historia que é algo para contar, investigar, lembrar e ter en conta mais non para fornecerse de ferramentas cara a un entendemento que nos permita a tod@s conquerir unha sociedade mellor entre nós (os humanos) e para o medio no que moramos.

Lamento que neste debater, escribir, publicar, completar e por en marcha un xeito de nos gobernar (no que nos deixan) dende preto se deixen de lado a perspectiva da democracia e a realidade social do territorio berciano. SI, xa sei que os partidos que están a dirixir-lo debate son os que obtiveron representación nos derradeiros "cómicos"; mais coido que as ferramentas fundamentais de goberno deben emanar e ser aprobadas de xeito inequívoco pola poboación á que se lle dí ser soberana e que no bierzo esa poboación ten un gran compoñente inmigrante que, si ben non posue dereitos políticos, si debera estar contemplado á hora de redacta-las normas e usos de convivencia no lugar.

Hai claro, quen non quere ver ren disto e se aferra a certos intres da historia para negar unha e outra volta o que ata os ollos dun neno poden observar: Existe unha realidade diferente ó que se observa tanto cara ó Leste como ó Oeste e o Norte... unha realidade con forza e con motivos mais que dabondo para se afirmar na súa diversidade sen que elo signifique isolacionismo; tan só un dicir "somos diferentes, debemos ter xeitos diferentes de afronta-los problemas".

Logo está o tema da lóxica económica e a percura da eficiencia... Esta claro que para aplicar medidas políticas nun ámbito e/ou territorio hai que ter capacidade lexislativa sobor delo e ter os ingresos económicos e mecanismos de control dos mesmos que substancien as decisións en feitos; Mais todo esto debe facerse coa óptica da sustentabilidade. E non falo só da sustentabilidade medio ambiental senón tamén da político-social; os cidadáns non podemos soster 7 estruturas administrativas (concello, mancomunidade, comarca, provincia, autonomía, estado e UE) cun sistema fiscal lóxico salvo que cada unha recadase unha parte en virtude das competencias que teña asignadas e que non tivesen capacidade de endebedamento mais aló desa recadación. Moita saco pois para pouca fariña.

No hay comentarios: