OUUUUuuuu
Nunha tesitura como a actual na que todo é calibrado polos actores políticos segundo a escala comicial (isa que se mide en votos) resulta moi extrano ouvir certas propostas sen que xurda unha conmoción social de reacción; e mais, só temos que ollar para 'os veciños do norte' para calibrar a que lugar conducen esas propostas...
Que a estratexia do actual goberno é, por unha banda, ser mais españois que "españoleitor" e; por outra, aparentar mais social que o fuchibol non debera extranar. Dada a actual teimosía dalguns dirixentes da oposición co tema do proceso de paz/rendición e o estatuto catalán o primeiro tema constitue unha lembranza da vacina acadada cos tristes feitos da ruptura do tal proceso e a posta en marcha de outros estatutos de similares características noutros ambitos territoriais. O segundo tema constitue un auténtico quebratestas para a equipa economica do goberno actual que non sabe como realiza-las eternamente pendentes reformas pro-mercado libre ó tempo que toma medidas que minimicen o impacto dos problemas da caida da construcción como motor económico e de emprego e, por riba, non poder dicir públicamente "é que xa non vai a haber superavit para financiar isto" (atención buco-dental, novas axudas para o alugueiro de vivenda...). Mais esperpéntica é a actitude da oposición maioritaria que anuncia; iso si polo baixiño, que; de acada-lo goberno, procederá a unha rebaixa do IRPF e a SUPRESIÓN do imposto do patrimonio ...trátase sen dúbida de medidas moi sociais que ampliarán o marxe de manobra para o apoio ós mais necesitados...
No medio de todo esto as forzas mais progresistas seguen derivando impulsadas polo vento das vellas verbas e os conceptos antediluvianos, mantendo un duplo raseiro coas ditaduras do mundo segundo a súa cor e despreciando no seu eido interno as reformas que, din, precisa esta proto-democracia para acada-lo 'sorpaso' cara a unha DEMOCRACIA VERDADEIRA.
Os actuais problemas i evidencias de cara a onde levan os plantexamentos neo-liberais (A Rusia da mafia, A China explotada e que produce barato por producir sen controis, As invasions polo control de recursos económicos...) seguen a presentarse como 'males menores' do mundo globalizado por uns e seguen a ser obxecto de sesudos debates sen un PROGRAMA alternativo que non implique a perda das lexítimas oportunidades individuais polos outros.
En tanto, o mundo segue a xirar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario