Entroido 2

OUUUUuuuu

Bueno, por motivos alérxicos non puiden facer mais crónicas matinais sobre o entroido 2007. Mágoa

Vaivos entón unha crónica xeral.

Sábado: Espertei cedo e fun chapotear, logo de arranxar un asuntiño do PC da miña amiga escribin a crónica do folión de Laza. Dempois de traballar un pouco o "cigarrillo" probou o traxe e sairon coas chocas postas.


Tra-lo xantar chegou a hora dos disfraces dos cativos e da fariña na praza que, coa choiva, semellaba unha grande mesa de facer masa. Ainda así nos enfarelamos e bailamos ata a hora de irmos cear.

Fixemo-lo troco de tercio e nos disfrazamos os maiores, logo fomos ó noso sitio de cear destes anos e alí fixémola boa co noso arte tirikitao, cando saimos xa eran as dúas fomos ó archiconcurrido Fidel´s a saudar a tódolos amig@s e veña mais baile. Paramos na verbena porque xa non chovía e ainda estivemos alí ata cerca das catro. Chegamos ó "local" mais non gostamos do ambiente 'normal' coma si o entroido parase na porta e liscamos para a casa que xa eran as 5 longas.

O Domingo amaneceu xa despexado e os nosos colillas xa estaban inquietos dende cedo; foron tantos os nervios que houbo que pedir sorrisos para as fotos a quen sorrí de gratis todo o ano. Sorte que co pasar do desfile foi collendo confianza e pasou logo 3 horas moi feliz correndo pola praza; mais o mellor chegou coa entrega do diploma de estrea do cigarrón.
Logo grande xantar caseiro-cocideiro amenizado pola coral do xarrón que interpretou o "himno nacional" con grande marcialidade.
Xa a noitiña voltamos á praza para 'quencer' a noite danzando e cantando.

Ás 22:30 arrincamos para Laza con parada no "tiramisú" para acompañar á tropa que estaba a cear. Alí fun informado da situación de absoluto dominio da temática enxebrista nos locais por mor do "peche" do entroido de Castro; como adalides da 'biodiversidade kultural' os membros da CCCP (Comision Coordinativa Contra Pachanguera) optaron por unha estratexia de enfrontamento dialéctico-musical que nos levou a estarmos cantando de todo con mosqueo dos menos entroideiros ata as 5, a esa hora chegou a artillería pesada ó comisión e escomenzou o baile. Marchei ás 6:30 porque ainda tiña intención de ir a chapotear pola mañan do luns...

Acordei ás 9 mais non era quen de colle-lo coche, din media volta ata ás 11 e sain almorzar. Chovía a manta e non había ningúen na picota. Tiven que agardar ata as 12:30 cando deixou de chover e apareceu o "jakuzi" no que prepararon os farrapos. Outro ano mais grande éxito, paseino bomba, non me manquei e fixen bós brancos.
Por un fallo loxistico meu rompin coa tradición do baño no lavadoiro mais empreguei igual auga fría. Ás 2 xa era novamente visible e fomos outra volta ó "tiramisú" a xantar. Visto o que chovía non sabíamos ben que facer i estivemos a dubidar ata ben tarde se marchar a Oimbra ou quedaren en Laza para as formigas. O CCCP argallou estratexias de confrontamento contra o "integrismo enxebrista"...
Fomos visita-la nosa caseira Avelina que deu mostras de ter moi boa memoria e moito mellor humor... Probamo-lo "xastré" caseiro i esas bicas de clara tan ricas antes de metermonos na marabunta da baixada de morena. Topei alí á miña xentiña que se estaba a mollar e os metín no comisión dende onde percibiron o rebumbio...
Tra-lo lusquefusque veu a hora de danzar baixo a auga, ainda gozamos da oportunidade de probar en familia mais xastré caseiro e mais bica branca. Logo a cea "de traje" na casa e veña mais auga pola noite. A sorpresa foi que tanto no Portajero como no comisión non habia "gaitas" senon mais ben algo moderno co que o CCCP se disolveu e fixemos unha "jam sesión" con invitado escepcional. Ás 5 collín o coche e marchei para Verín durmir coa miñas mozas.

O martes fun chapotear novamente e logo tomamos as derradeiras á saude do entroido que ven. Xantamos e preparamos ós cigarrons para o desfile televisado que foi un grande éxito pois o viu a súa aboa dende o Deza e o abó dende o ceo.

No hay comentarios: