OUUUUuuuu
Ós adestradores de futbol os afeccioados pídenlle victorias e bó xogo ou, cando menos , victorias. Porque un afeccioado desfruta mais ufanandose das victorias da "súa" equipa que do xogo do conxunto e non lles proe gañar "de penalti injusto en el último minuto".
Na política hai partidos que se asemellan demasiado a equipas de futbol con incondicionais que son capaces de aplaudir as mais grandes barbaridades con tal de que o seu lider teña unha posición aparentemente reforzada. Xente que vai votar unha vez cada catro anos 'porque toca' e que vota 'ó que toca' sen ter en conta nen no mais mínimo o programa politico e os feitos da(s) persoa(s) que logo dín que teñen a súa confianza.
Os membros dos 'think tanks' dos partidos traballan con esa hipótese do votante-borrego que bala nas furnas e nos bares o que os seus líderes repiten machaconamente polos seus altofalantes de comunicación, unha manada que vota e bota impasible ós demans mais terribles dos seus dirixentes dándolles un feed-back de falso acerto coa realidade.
Só así se pode entender que moita xente sega votando formacións que teñen a desvergoña de escudarse contínuamente detrás de victimas para levar adiante os seus idearios empresariais, como consumidores de carroña alí onde hai un morto de calquer clase (civil ou militar ; home ou muller) ou por calquer motivo (guerra, barbarie ou tolemia) vanse a reivindicar como os únicos defensores acusando ós demais de tomar accions que eles xa tomaron (como negociar) ou de facer leis que eles non fixeron (violencia de xénero).
!!!Ay dos políticos que fan chegar á sua voz por medio da voz calada dos mortos, Ay das víctimas que reclaman vinganza e non xustiza, Ay da sociedade que vota como si mercara un desodorante¡¡¡
Centrada a atención en feitos como unha negociación paralizada, un xuizo moi longo e complicado ou a inevitable enchenta dos servizos sanitarios quedan fora das campañas as liñas principais que SI interviran na vida cotían do futuro: O modelo económico-social que dí como e de que vivimos e como nos organizamos, o modelo de relación co medio ambiente e os balanzos que nesa relación deixamos.
Ninguén nos ensina a pensar na sociedade como o conxunto que debe ser e como podemos contribuir cada un de nós nela senon que semella que nos ensinan a pensar somentes en que podemos sacar da sociedade cada un de nós. Cando un goberno tenta que se ensinen estes conceptos na escola pública láica o sector sectarista dogmático apela á "obxección" e a "desobediencia" porque sabe ben o que é facer adoctrinamento na educación: Levan séculos facendoo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario