OUUUUuuuu
O facer o que un critica e apoiarse no que un despeza non quita para nada o dereito a facelo ou criticalo nin engade mais dignidade ou lexitimidade o criticado/desprezado.
Chámame a mín a atención nesta lexislatura o contínuo recurso ó referéndum de berridos ou á capacidade de convocatoria dunha iniciativa, dun ideal, dun colectivo... de tal xeito que nos atopamos instalados nun 'combate' entre manifestacions, nunha versión 3.0 neocon das flash mob (Multitudes instantáneas) TODAS con claros fins partidarios.
É moi triste para unha sociedade que ningúen se rebele contra semellante uso e abuso do dereito a se manifestar por parte de uns e de outros e faga ver que o único verdadeiramente coherente nesta situación é facer unha fonda reforma do sistema político para "por en valor" a premisa democrática de: Unha persoa = un voto de tal xeito que cando certo número (que cando menos debera ser do 20% do total) de cidadans representados ou non por organizacions políticas ou sociais ... pedise a participación na toma de decisións políticas de "novo cuño", este debate se resolvese mediante referendum de votos.
Os cidadans debemos lembrar estes intres nos que uns e outros nos chaman a mobilizarnos por tal ou cual causa que xa están a debate no parlamento para visualizar como, o que o sistema chama, a democracia; se atopa ancorado nun pasado (recente, mais pasado) no que a 'velocidade da información' non permitía mais ca unha participación indirecta nos asuntos políticos mediante representantes elexidos para longos períodos de tempo e que non lle redían contas ós seus electores mais ca unha vez cada catro anos nunha especie de DEMOCRACIA INTERMITENTE... Agora se pode avanzar senon cara a un sistema asambleario (que non lle interesa a case ninguen) si a unha DEMOCRACIA CONTÍNUA, na que eses representantes poden e DEBEN consultar ós seus electores e respostar diante deles das súas actuacions políticas tendo a súa representación SEMPRE dependente do apoio da poboación do seu distrito electoral.
Así as decisións gubernamentais como negociar con bandas terroristas ou enviar tropas a unha zona de conflicto sen mandato da ONU non se poderían apoiar en coalicions puntuais ou en maiorías de un día e non sería preciso o confrontamento na rúa de grupos de cidadans nos que non todos saben o que se está a reivindicar e nos que existe o risco, xa demostrado, de que un pequeno grupo de persoas alleas ós bandos se adique a "reventar" esas manifestacions, causando incidentes que xustifiquen 'estados de sitio' para que "os outros" non se podan manifestar.
Ainda mais, si seguimos con esta espiral de manifestacions e contramanifestacions poderá chegar outra "revolución laranxa". ¿imaxinadesvos a Rajoy acampado na castellana?. Surrealista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario