OUUUUuuuu
Onte á noitiña tiñamos unha cita importante para facer patente tódolos cidadans de xeito individual/familiar o noso recoñecemento do problema causado polo consumo enerxético e as emisions de CO2 e outros gases de "efecto invernadoiro" e o noso COMPROMISO para tomar medidas cara ó futuro.
Tratábase dun xesto ben sinxelo; apaga-las luces e os trebellos eléctricos do fogar durante 5 miserentos minutos... abondaba con ir á caixa de contadores e baixar o fusible "main"...
Para os nenos tratouse dun xogo mais, alí ó redor da vela e a linterna falamos do que acontecía e cando nos decatamos ian 6 minutos.
A convocatoria foi un FRACASO rotundo; malia á difusión polos medios de comunicación (telexornais incluidos), a adhesión de moitísimas organizacions de todo tipo (dende asociacions veciñais e de amas de casa ata grupos ecoloxistas) e a das propias administracions que se implicaron "sumando" ó apagón monumentos i edificios institucionais o certo é que un descenso dun 2,5% (en Galiza seica un 0,5%) é moi pouco para significar ren... Cun pouco mais de calor ou dentro dun mes con algo mais de luz se consigue ata un 5% menos de consumo.
Debemos se-los cidadans os que poñamos este complexo problema enrriba das mesas dos políticos e poderosos, e non á inversa como aconteceu en Davos pois xa sabemos que esta clase de xente non se caracteriza polo seu altruismo e que "non dan puntada se fio"... dentro duns anos, si os deixamos, farán realidade aquela imaxe dunha obra de Orwell e lles deberemos "o aire que respiramos".
Fan falla mais iniciativas e mais integración ("transversalidade" din os entendidos) nos plantexamentos políticos e precisase tamén unha adaptación local dos postulados cara á diminución das emisions de CO2. Eu mesmo me vexo na obriga de rectificar e decir que o problema non é a combustión de carbón senon o nulo interese en face-lo dun xeito sostible.
Deixemos de agardar a que unha única implementación nos arranxe este complexo tema e deixemos de preocuparnos por temas vanais ou por "circos". Abramo-los ollos somos nós os que habitamos na terra, somos nós os que causamo-lo problema, só nós podemos solucionalo.
Edición 5/02/2007
Evidentemente se podería ter investigado mais como fixo xerelo para dar datos exactos sobre a repercusión da convocatoria que, por certo, non constituía en sí mesma unha medida de aforro enerxético (e moito erra quen así pense) senon que tiña a dobre finalidade de facer unha chamada de atención sobre a situación e os evidentes riscos para o noso futuro e de facer un "calibrado" de ata donde chega o coñecemento real sobre a situación entre a cidadanía... e ahí é onde eu atopo o FRACASO pois a escasa baixada do consumo nunha hora "pico" na que os cidadans (os que temos fill@s) soemos estar no fogar; debeuse, coido, mais ó "apoio" das institucions que as accions dos própios cidadans. Os gobernantes andiveron 'listos' para se apropiar da iniciativa e non deixarse sinalar como responsables de non tomar medidas reais para atalla-lo tema.
En canto a si a medida é contradictoria pois logo, ó voltarmos a encender todo, se gastou mais... repito que NON era unha medida de aforro enerxético. O aforro faise tódolos días, non en 5 minutos: Aforro non é igual a pelotazo por moito que en Davos os poderosos así o pensaran.
No hay comentarios:
Publicar un comentario