Nova guerra fría?

OUUUUuuuu

Volto do entroido e vexo nos medios a un xeral con gorro de plato enorme, corentamil condecoracions e faciana de 'coñecedor do vodka' que fala en ton serio. A voz que o traduce ven dicir que o seu pais non consentirá novas bases da OTAN perto das súas fronteiras porque estas non son mais ca un truco dos EEUU para amedentralos. Fala de misiles de curto alcance, que non poden chegar a europa dende Iran ou Corea do Norte (curioso xa ningúen fala de Libia) e de que o seu pais SI queda dentro do hipotético alcance dos misiles das novas bases.

Logo sae unha señora de cor (negra) traxeada e con cara de "tensa" que detrás dun petríl co escudo dos EEUU fala tamén en ton serio. A voz masculina que lle poñen na traducción non desencaixa coa súa expresión e ven a dicir que as novas bases son precisas e que a alianza cumprirá os seus compromisos cos novos socios...

E froto as orellas, miro o calendario e digo: ¿logo non pasaron xa 20 anos?.

Os paises do leste estan a desenvoltar un movemento pendular para pasar da ferrea disciplina comunista á obediencia Otanista sen medir ben as consecuencias das súas decisions.

Nun mundo con 50 guerras/conflictos bélicos en marcha ¿é precisa mais tensión armamentística?. A próxima invasión do Iran fai necesario o consentimento de Rusia e pode que por esa banda veña a explicación a este xogo de misiles que, de momento, estan a deixar sen traballo á xente como a da fábrica de armas de A Coruña. ¿a cantos deixan-deixarán sen vida no vindeiro ano?.

Os "amos do universo" moven pezas de todo tipo co único motivo de controlar as fontes dos recursos enerxéticos e dende Iran non só se controlará o petroleo do golfo persico senon tamén os descomunais recursos das republicas islamistas ex-sovieticas que poderán ser levados ata EEUU pola meseta Persa sen pagar 'peaxe' a Rusia.

No hay comentarios: