OUUUUuuuu
Seica non abonda coas directrices marcadas na constitución e demais lexislacions para explicar que nesta sociedade hai un sistema de facer xustiza entre os humanos e por humanos que non ten como obxectivo marcar a ferro ó infractor, castigalo de xeito permanente ou envialo ás catacumbas sociais senon que; tras conquerir vence-la presunción de inocencia mercede a carga da proba reiterada nun rosario de xuizos apelatorios instáncia tras instáncia, o culpable pasa a un sistema penitenciario que aspira a reintegralo na sociedade rehabilitado para o ben común.
Seica cando un pai castiga a un fillo o fai para que sufra e que si logo lle levanta o castigo e o fillo volta a reincidir non pode consentir que a nai lle atenúe o novo castigo.
Unha vida humana é dabondo para que un culpabel vaia á cadea; un goberno pode, polos motivos e procedementos que se determinan na lei, indultar o reduci-la pena por ese crime e o culpabel pode voltar a facer ese ou outros crimes... Sería doado botarlle a culpa a quen o indultou sen que se arrepentise ou enmendase, sería preciso que a lei lle pedise responsabilidades. Mais esa tampouco é a "letra" do sistema de xustiza que 'nos deron'.
Vintepico vidas deberan ser dabondo para cumpliren unha condea penitenciaria longa, mais non de por vida. Unha condea que non se sabe si influirá na persoa do criminal ata o punto de facerlle sentir a necesidade de pedir perdón ou ata o punto de troca-los déficits morais que lle levaron a xustificar eses crimes ne nome de non sei que farrapo de gaita; mais un goberno é soberano de lle reduci-la pena por mor de un obxectivo maior: A oportunidade de Paz.
Agora, eu que coido que a oportunidade de paz pasou, non lle vexo mais sentido á actual polémica que manter unha apariencia de "estado de sitio" na confrontación política polo escaso pastel das persoas que votamos consciente e reflexivamente e non de xeito 'gonadal' sen ser capaz de ver o que uns e outros NON fan.
ZP preferiu non darlle un martir ó movemento abertzale que alongaría a espera para unha nova oportunidade. "Fedeguico" prefire a incoherencia de falar agora onde antes estivo calado a ter que agardar catro anos mais para que os seus intereses se vexan favorecidos dende a moncloa. As victimas amosan ese amargor que dá vivir coa carga dunha perda irrecuperabel pedíndo castigo para crimes xa castigados e condeas XA CUMPRIDAS, nunha reviravolta que os pon no centro do conflicto politico e, definitivamente, os debilita dende o punto de vista moral pois se queren erexir en xuices e carceleiros aplicando unha lei non escrita e non aceptada polo resto da sociedade.
Si, está mal que este individuo reciba beneficios penitenciarios sen se arrepentir dos crimes polos que xa foi condeado mais ¿porqué non pedirlle contas a quen o beneficiou realmente por eses crimes?.
No hay comentarios:
Publicar un comentario