Día da auga

OUUUUuuuu

Semellará un chiste a calquera que habita por estes lares mais neste día debéramos celebrar a nosa maior riqueza e na celebración deberamos facernos conscientes do necesario que é empregala mellor.

A escaseza de auga é un dos principais problemas dos seres humanos en todo o mundo e afecta a millons de persoas que non teñen acceso a ela nen para o consumo vital mais simple. Claro que nesta terra malamente se pode comprender esto pois dúas semanas sen chuvia xa son chamadas 'seca' e calquer pequena incomodidade ó respecto do seu uso ocupa tempo i espazo nas protadas dos medios; o que sería si tivesemos verdadeiras dificultades coa auga... pronto o saberemos.

O contraste entre zonas como a nosa na que a abundancia aparente de auga permite un despilfarro cotián e continuo que se cifra nun 10 - 15 % do consumo doméstico e zonas como Lusaka (Zambia) na que se aproveita a auga sucia das fochancas para consumo humano se vai poder escoitar hoxe no parlamento galego na voz dos nenos que nos chamarán a atención sobre esta "diversidade non desexable".

Mentres eiqui abondan uns usos e sistema de mercado que non dubido en calificar de INMORAIS en piscinas individuais, axardinamento, fontes, campos de golf, xeración de enerxía e, sobre todo, limpeza de vías públicas. Mentras, o que pagamos pola auga eiquí, non cubre nen sequera o custe do mantemento das infraestructuras hídricas porque a proporcionalidade entre a auga estrictamente precisa por persoa, a recomendada e o consumo execesivo non se reflexa na escala tarifaria.

Descoñecemos moitas cousas sobre a auga e o seu uso, por non saber non sabemos con exactitude canta auga cae e dónde e como evolucionan esas precipitacions mais coidamos ter "controlado" o recurso e por elo temos e mantemos o seu uso inconsciente.

Pode que chegue algún día no que sexa preciso facer verdadeiras restriccions no uso deste recurso ignorado, pode que ese día lembremos a necesidade de termos responsabilidade individual e colectiva no seu emprego, pode que ese día vexamos cos ollos estuporosos dos nenos so sur que cada verán nos visitan como outros malgastan o que para nós é unha necesidade vital... e pode que acudan a nos "salvadores" en forma de compañías que poñan toda a auga baixo o candado do rendemento económico (como en Bolivia, Zambia e tantos outros lugares) i entón moitos non poderán acceder a ela para que uns poucos a segan empregando de xeito irresponsable.

Unha boa información sobre o tema a tendes eiquí

No hay comentarios: