Lembrando o inesquencible

OUUUUuuuu

Mentras algun familiar, amigo, coñecido ou cidadan se erguia esta mañan en Madrid e se preparaba para ires ós actos organizados en commemoración daqueles atroces atentados seguro que non se lembraba da situación penitenciaria de ningún presidiario en concreto, nen do tráfico de onte, nen da contaminación... seguro que lembraba aquel día tan cotián que acabou en traxedia hecatombica.

Son dos que me atopo un pouco contrariado pola situación pois considero prioritario a consecución da paz e o esclarecimento da verdade ó cumprimento dunha condea que, non esquezamos, é por ameazas. E teño de min que todo este "ruido de berros" ten que ver mais con restar protagonismo ó xuizo dos feitos que hoxe se conmemoran que a un verdadeiro e lexitimo medo á cesión ante a xantaxe; de tódolos xeitos benvidos os que berran ó lugar onde nos situaron cando estabamos en contra dunha medida do goberno, lugar que daquela era duns ninguén e que non merecía mais de 1 minuto dos telexornais...

Mentras no lonxe eu cavilo por entre as pistas rodeadas de paxaros cantores e de amedoeiros e mimosas floridas, en Madrid alguen quere homenaxear ós que aquel día sufriron e queda parado nun valado a dous quilómetros de Atocha... Houberalle sido mellor velo pola TV.

Trens cheos de xente normal seguen a circular por todas partes, seguen tamén os motivos para que algúen arrisque ou malgaste a súa vida atentando contra eles.

A miña analista dí que a guerra do ano que ven xa está decidida, que é só unha cuestión de "tempo"; eu onte vin un documental sobre o poder do sector de producción militar nos USA e as súas repercusions directas e indirectas na politica daquel pais, vexo a Bush de xira por sudamerica enviando mensaxes a China e a India para que empreguen biocombustibles e, de paso, lle deixen tranquilo o 'patio traseiro' como o definiu Teddy Roosvelt hai un século.

Estase a disputa-la terceira guerra mundial nun xeito de puzzle no que as pezas son os recursos de todo tipo (os mais importántes os enerxéticos) e os movementos son como "por turnos" para que a maquinaria de producir cartos non 'pinche'; asi pois, nun mundo no que o primeiro que se globalizou foi a guerra agora é a guerra a que está fragmentada coma se os conflictos non tivesen nada que ver cando son parte do mesmo teatro de operacions.

No hay comentarios: