OUUUUuuuu
Pode que pensedes que me sumo á campaña política, mais o certo é que a consciencia social no tocante á sustentabilidade escomenza a tomar corpo dentro da campaña electoral e cada vez son mais os servizos que se poñen en marcha e que apuntan nesta dirección.
Na nosa 'cidade' (termo que pasará a 1º plano da campaña nos vindeiros meses) vense de presentar o novo sistema de transporte urbano TUP que engade novas liñas de autobús e novas paradas, buses que funcionan con biodiesel (parche, que non solución) e novo sistema tarifario que pode fomentar algo mais o seu emprego ó permitires un transbordo na primeira media hora (deberan ser 45'), outras melloras apuntan mais á comodidade e o emprego polos foraneos que á sustentabilidade (nova sinalización nas marquesinas e sistema GPS de información),tamén quero sinalar que a información web seméllame ben deseñada ainda que lle faltaría sinalar que servizos públicos e zonas de interese turístico son accesibles en cada parada/liña. No plano político estou a agardar que alguén diga que se fai campaña subliminal coa cor dos autobuses...
A segunda iniciativa ten que ver con algo que se anunciou tamén para Ponferrada e que xa critiquei por incompleto ainda que tamén sinalei que haberá que agarda-la súa posta en marcha... En Barcelona botou a andar Bicing que si é unha iniciativa encamiñada a fomenta-lo uso da bicicleta como vehiculo de transporte urbano habitual, con un sistema de aluger-abono, estacions de aparcamento en zonas de concentración pública e un sistema de carriles bici ben sinalizados.
Por derradeiro punto sinalar esta nova de Código cero na que se referencia a posta en marcha dun sistema de auga quente sanitaria no Centro Oncolóxico de Galicia que ten como particularidade quedí aproveita non só o sol senon tamén a choiva e o vento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario