OUUUUUU...
É o que ten a navegación libre; un acaba atopando o que non sabia que buscaba (un pouco como o google desktop search). Pois eu unha vez pasados os TERRIBLES DÍAS DE MARZO escribin uns post nos que deixaba ver o ruxe ruxe que andaba polo meu valeiro craneal i se facía pensamento sin eu sabelo...
Ideas que, agora que o penso, xa tivera nos MOMENTOS PRESTIGE cando os mariñeiros das rias baixas se autoorganizaron nunha especie de MOGBLOG (si, tamén vai por ahi a cousa) para tentar salva-los seus medios de vida. Unha aplicación da tecnoloxía actual co inconfundible toque gatopardesco ("que todo troque para que todo quede igual") que só o pobo galego sabe dar.
Todo elo converxeu e se fixo verba no artigo Politica 3.0 Non é longo polo que vos recomendo que o leades enteiro.
A politica 3.0 defínese pola globalización (da información , das ideas, do traballo, do terror...) a estructura de redes (ó contrario que a estructura cuadrillil que ata agora impera)e Internet (entendida como comunicación libre e aberta, multicanle e multivia...). Politica 3.0 é unha especie de sistema operativo para que os cidadans nos fagamos presentes na globalización neoliberal facendo que, de novo o público volte o terreo da moral ó traveso dunha nova ética civil.
As opcions políticas defínense en dous eixos. Un separa a integracionistas e aislacionistas (respecto da globalización); outro vai entre os que queren acomoda-la globalización cun "sosten social" e os neoliberais, partidarios de que cada un coide de si.
Para mais referencias podedes visitar: Proyecto para un nuevo siglo americano
No hay comentarios:
Publicar un comentario