Na internet hai para todo...

OUUUUuuuu

Como ben sei que se me nota o "enganche" que teño con google en tódalas súas facetas non podia deixar pasar sen comentar o extraordinario acordo ó que acaba de chegar coas principais universidades dos USA e coa universidade de Oxford para a dixitalización e "colgado" na rede dos fondos editoriais cuios dereitos xa caducaron...

Se vistes a nova na televisión puidestes ver como traballan as máquinas de dixitalizar libros e como quedan esas imaxes nun primeiro momento; tamén se ve como se realiza unha percura dentro dun documento e se atopan nel as verbas pescudadas (marcadas co inconfundibel destaque amarelo de google) só queda agarada-lo traballo de indexación e a inclusión no tesauro correspondente i a biblioteca de Alexandría do século XXI terá unha imaxe:



O problema vai ser atopa-la información pertinente e ter capacidade para interpretala; como xa se está a ver no eido da sanidade.

Vou por un Exemplo para ilustra-la magnitude do asunto....

Visito a miudo Kriptopolis para manterme ó tanto dos temas de seguridade na rede e, nunha desas visitas, atopei na sección de criptografía esta referéncia a unha coñecida controversia en torno a si Shakespeare escribiu as súas obras ou si foron escritas por Francis Bacon.



Facendo unha percura en google (co texto: Shakespeare-Bacon Controversy) atopanse 624 referencias; non moitas, a verdade, pero si dabondo para non as dixerir todas nunha hora.

A primeira referencia condúcenos a un artigo de 1913 que dí resolve-la controversia, mais trátase dun "bluff" pois se trata dunha visión humoristica do tema.

No sexto lugar atopamos algo moi interesante pois se trata dun artigo recente, en castelan i escrito nada menos que por Umberto Eco. Contén abondosísima bibliografía (mágoa de enlaces) e dalle tres ou catro reviravoltas ó asunto para polo coma exemplo do alambicamento do mundo intelectual (coma si non tivesemos dabondo con Borges).

O certo é que a controversia segue aberta na internet, sobor de todo alentada polas referéncias criptográficas que existen nas obras de ámbolos dous autores.E a mesma "páxina oficial" de Shakespeare ten unha sección sobre os diversos debates existentes ó redor da autoría das suas obras...

Agora imaxinádevos buscando uns exercicios para reforza-los cuadriceps ou os relatos de deseperación dun kan que oubea na néboa...

No hay comentarios: