A ola...

OUUUUuuuu

Veño seguindo con pavor o acontecido no Índico dende o Domingo pola mañan... Coido que ninguén se percata do sucedido realmente; demasiada proocupacion polos turistas e pouca pola población que alí habita.

O tremor en sí foi o 5º dos mais grandes rexistrados na historia tras estes:

1960 - Chile, 9.5
1964 - Alaska, 9.2
1957 - Alaska, 9.1
1952 - Russia, 9.0.


e por si iso non fose dabondo os seus efectos vense agravados por se producir nunha zona onde as desiguladades socio-económicas están especialmente acentuadas co cal a maioría da povoación non está preparada para algo así. Ainda mais; pois o desastre propagouse polo océano Índico a xeito de Tsunami como se ve...



Tsunami do que non se emitiu aviso de alerta o cal provocou un maior número de victimas cuio reconto non fai mais ca escomenzar pois a ola arrastrou no seu retorno ó mar a moitos dos corpos.

Os que ainda teñades algo de confianza nas campañas de axuda podedes facer chegar a vosa axuda ó traveso de calquera das organizacions oficiais ou non gubernativas que xa se estan a implicar no tema... eu vos recomendo a INTERMON OXFAM


Tamén vos recomendo á FUNDACION VICENTE FERRER que xa ten unha campaña de donativos por internet directamente co número de tarxeta e ó traveso dun servidor seguro...



E non me trema o pulso ó vos dicir que non doedes ó traveso das campañas das entidades financieiras porque:

  • 1º- Non transfiren o 100% dos cartos para o fin referido
  • 2º- Manipulan a elección das ONG ás que se lle asigna a axuda e poñen condicions como: Mercar a empresas relacionadas coa entidade financieira o do seu circulo, Ter contas con saldo vivo nas entidades, Facer publicidade das entidades financieiras etc.;
  • 3º- Non teñen un compromiso de donar elas para esas campañas a medio e longo plazo, é mais os cartos entregados nelas son entendidos coma "investimento".
  • No hay comentarios: