A pesares de seren unha forza minuscula no panorama politico español, e de non conquerir o apoio mediático nen os medios que teñen outros ( como "voto en blanco" )a "outra democracia é posibel" non se lle pode negar tenacidade i entusiasmo.
Embarrancada como se atopa nun proceso de "migraciaón" de servidor segue actualizando contidos e dando cabida nos seus foros a tódalas persoas que opinan que o actual sistema político non é DEMOCRACIA e que agora ,coa escusa do terrorismo (o medo sempre é escusadabondo para que un neno negue o que precisa), nin se molesta en simulalo.
DIA DAS LIBERDADES POLITICAS
Celebrase hoxe día 7 e Outra democracia é posible o fai cunha páxina especial na que se detallan as propostas de reforma do sistema politico para facer unha DEMOCRACIA con tódalas letras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario