A netwar de ETA?

OUUUUuuuu

Para a nosa desgracia ó parecer os desnortados de ETA aprenderon mais rápido da Yihhad que os gobernos occidentais... Si os atentados destes días foron só un ensaio ou un novo "modus operandi" nolo dirá o tempo. Semellame que debemos estarmos agradecidos a que tomaran a opción de seguires avisando con antelación da colocación dos artefactos; ainda que pode que se trate xustamente de facer pensar:" anda que se non chega a ser porque avisan con antelación menuda escabechina¡¡".

Ata pode que a detención de Antza e os outros dirixentes (Outubro) fose un erro. Descabezar a un grupo con forte xerarquia militar pode ter dado lugar á aparición de unha rede non organizada xerarquicamente seguindo o modelo da resistencia iraquí e de al-quaeda. Si esto fose así teremos un grave problema para bastante tempo.

O que é indubidable é o troco de explosivo habitual e a táctica de non gastar en infraestructura estabel.

As reflexions de David Ugarte e o grupo Ciberpunk fánseme referencia ineludibel nestas circustáncias...

No hay comentarios: