OUUUUuuuu
Para que non digades que estou cegado polo "amor" a google...
Vese que os enxeñeiros e os comerciais de yahoo están a traballar arreo e a dar no clavo cos seus proxectos.
Por unha banda a inclusión de RSS en my yahoo! permite configura-la páxina de inicio coas novas das fontes e temas que máis lle apetezan o internauta; para mostra hai tendes unha imaxe da miña páxina de inicio de my yahoo!.
A configuración de tòdalas opcions posibles faise un pouco longa e semella mais razoable reparti-los contidos en diferentes páxinas ás que acceder por medio das pestañas, en fin; se non fora polas cookies a tería de páxina de inicio real.
Pero, a nova que quero comentar e que me dá a pensar que yahoo está a coller a google é o nacemento (fase beta) de yahoo video search. Este buscador ten de particular o emprego de RSS para todo tipo de arquivo multimedia e permite atopar esa secuencia que se percura directamente (si o autor a indexou via RSS) sen ter que percurar primeiro a web e logo a descarga... Vou ver si conquiro face-lo RSS do video de Kanpatinando.
Que o pasemos ben de cea.
No hay comentarios:
Publicar un comentario