CONGRESIÑOS...

OUUUUuuuu

Con tantas cousas pendentes de decidir esta fin de seman non pasou en branco para alguns...

Celebráronse os congresiños de Leon e Ourense i é ben certo que semella que non aconteceu ren, mais as mesas seguen a tremer dos golpes que nelas se deron xa hai meses...

En Ourense o mellor resumo faino a "folla Baltarián" (antes folla parroquial) coñecida como "La región". Como a súa web é un pouco atrasada e non permite separa-los artigos de cada día pois vos fago unha reseña do que se dí do día de autos...

Escomenzamos pola EXCLUSIÓN de Elier Ojea, Celso Rodriguez e Dolores Seijas e os lamentos de Inmaculada Rodriguez (vice presidenta do parlamento galego e única parlamentaria por Ourense que non apoiou explicita nin implicitamente a rebelión) xunto coa súa pena porque Alberte (hai que galeguiza-lo nome rapaz) Nuñez F. "só sexa membro nato da executiva".

Menos bruscas son as declaracions do própio Elier Ojea con ise "aqui no pasa nada"; mala ostia dos do periódico poñendoo nunha foto co Alberte N.F. El remite as explicacions ó mesmísimo Baltar e insinúa que os resultados electorais serán o baremo para valora-la sua exclusión.

As verbas de Baltar son todo un reto a Madrid:

"La dirección nacional del PP tiene que comprender al partido en Ourense y “convencerse de que a postura a seguir é a de respaldar á maioría", a la militancia que “cáseque unánimemente" respaldó la gestión realizada por José Luis Baltar, reeligiéndolo presidente con un respaldo abrumador. Madrid tiene que tener en cuenta, precisaba él mismo tanto ayer como el sábado en la convención, el apoyo expresado en el XIV Congreso y el aval de los 132 mil ourensanos que votaron al PP en la última contienda electoral".

Estas verbas son realmente interesantes si as enlazamos coas ditas por Fraguestein e o própio Baltar na xuntanza do comité executivo nacional do PP:

"El presidente del PPdeG, Manuel Fraga, realizó ante su homólogo del PP nacional, Mariano Rajoy, una defensa de la contribución que ha realizado al partido el presidente del PP de Orense, José Luis Baltar, y garantizó la “afinidad plena" de los populares orensanos con el PP de Galicia. Fraga recordó que el PP concurrió en coalición con Centristas de Galicia --el partido en el que militaba entonces Baltar-a las elecciones autonómicas de 1989, las primeras en las que obtuvo mayoría absoluta. “Gracias a Baltar, en una relación que continúa hasta nuestros días ejemplarmente, hoy somos todos PP", aseveró. El presidente fundador del PP tomó la palabra en la rueda de prensa posterior a la celebración en Santiago del Comité Ejecutivo del PP nacional cuando se le preguntó a Rajoy por la demanda de Baltar de que el PP “no desprecie" el “capital" de votos que aporta porque “puede caer todo lo que sustenta arriba"".

Pero, as verbas mais duras son istas: "Baltar también advirtió de que "si alguien va contra la red" de sus fieles, "va contra todos y no es gratis"".

Tras tanto "recadiño" está claro que o acordo acadado por Fraga con Baltar non gusta en Madrid, mais Fraga precisa mantelo un tempo para non perde-las eleccions da primaveira. Eu sego a preguntarme ¿cal é a carta que ten Baltar na manga?.

Así as cousas o Fillisimo (que triste papel o deste homiño) xa ten posto relevante na executiva provincial e Baltar "limpiou" un pouco o terreo colocando alcaldes afins para manter ben arrinconado a Alberte N.F. que seguiu a consigna do patron de: "oir, ver y callar" ainda que tamén deixou clara a súa visión estratéxica do tema. Grande exemplo de caciquismo no século XXI

En Legio


No campamento dos romanos (que tolos están) a cousa foi mais visibel: Votos en branco e de desaprobacion do informe de xestión fixeron patente a xa coñecida oposición de caseque a metade dos compromisarios do Bierzo para que a "loira perigosa" fose nomeada presidenta.

o detalle dos traballadores do Sacyl (estes saben donde pedi-las cousas) apoiando o grupo de Lopez Placer deixou ouvir a dicrepancia.

E si me leedes diredesme que eu mesmo escrebo a prol da democracia interna nos partidos e que un congreso é o lugar idoneo para elo. I estaredes no certo, mais a istes que sempre van cacarexando que si "a división de IU", que "si tal partido é unha banda mal avenida" etc... pois a estes hai que porlle os seus trapiños ben á vista para que non cuspan tanto para arriba.

Joer, i esto todo o escrebo só co que se pode ler na prensa... imaxinádevos o que alí habería.

No hay comentarios: