Seica a constitución esa que non se pode reformar e que está para cumprila dí:
Artigo 47Nembargantes abondan os exemplos que se aproximan ó esperpento co que ilustro esta entrada (ficticio) como o alugueiro dun sofá por 400€ ó mes ou profesionais con soldos "normais" vivindo en caravanas ou balcons en emprazamentos turisticos como Ibiza.
Todos os españois teñen dereito a gozar dunha vivenda digna e axeitada. Os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para faceren efectivo este dereito, regulando a utilización do solo de acordo co interese xeral para que se impida a especulación.
A comunidade participará nas plusvalías que xere a acción urbanística dos entes públicos.
Para unha persoa da rúa a impresión do que está a acontecer co mercado inmobiliario tanto de compra/venda como de aluguer é doada de manipular... conducindolle á conclusión que mais conveña ós que manexan os fios, pero é que os que manexan os fios están enfrontados entre si...
O MERCADO.
Vemos por unha banda como os operadores do mercado inmobiliario tradicional se sinten "asoballados" polas novas formas de distribución de servizos inmobiliarios que se mezclan en moitos sitios con servizos de aluguer de tipo turístico que proporciona maiores ingresos ós propietarios e algunhas vantaxes extra como certa sensación de seguridade ante inquilinos que non pagan ou no conservan a vivenda en condicions.
Sexa como fora o certo é que os prezos están disparados e que; dadas as condicions de precariedade dos "empregos" (falsos autónomos) que constituen a maior parte da oferta laboral actual para xente nova ou desempregada dende a crise, hai xa un amplo abano de lugares onde vivir cun soldo de menos de 1000€ ó mes é imposible sen acudir á beneficencia (bancos de alimentos, comedores sociais...).
O TURISMO
O fenómeno do turismo masivo que leva con nós dende os 60 veuse impulsado cara á actual burbulla por diferentes factores; a precariedade laboral permite mais beneficios, o conflicto armado en varios destinos "competidores" incrementa a demanda con maior poder adquisitivo, o número de vivendas baleiras debidas o crack das hipotecas (e ós desafiuzamentos) constituiu un verdadeiro efecto chamada para os servizos online de aluguer.
Unha demostración mais de que no actual sistema consumista calquer "nicho" de negocio é explotado ata facer del unha bomba de reloxería que desequilibra a economía (e á sociedade) dos estados.
Temos tendencia a botarlle-la culpa ás persoas que masifican os lugares que visitan mais a culpa é dunha industria sen control nen planificación impulsada polo sector financierio que ofrece "oportunidades" pero que logo cando a xente non poda facer fronte ós requisitos desas oportunidades non deixará, outra volta, de pedir rescate "para que non se paralice o sistema"; xa se sabe: a serpe monetaria só camiña por riba de novos créditos.
RIO REVOLTO...
No río revolto deste guirigai xorden tamén solucions "inventivas" que poden ser interesantes porque ademais pechan outro grande problema das sociedades actuais... a soedade das persoas maiores pero non duvidebes de que mais pronto que tarde os buitres se botarán sobre deles; levan tempo tratando de que ser vello non sexa "rendible" de xeito que se podan facer cos seus bens a cambio de servizos precarios ou deficientes.
Xa o estamos a ver de xeito indirecto e inconexo só queda que xurda unha empresa "low cost" desto.
ó tempo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario