OUUUUuuuu... Está claro xa a estas alturas que as dores da crise lle duraron ós neocons o que un caramelo a un pequeno; xusto ata que os gobernos 'rescataron' ós bancos.
Agora céntranse en que non lles toquen o escondite... Nin falar de taxas nas transaccions nin de eliminación de zonas opacas de control.
Como a traición dos gobernantes deixa en mans dos mesmos bancos a concesión de créditos resulta que agora os cartos que se lles ofreceron para salvalos non se prestan co que o efecto do problema é o mesmo.
Zapiavelo e o resto de titeres veu coa lección ben aprendida: Baixar impostos (relaxación fiscal dixo), abaratamento dos custes laborais (despido, aportacions SS) e mais cartos para que a banca teña balanzos sanos...mais; non era que a banca española estaba nunha magnífica posición?, que falta lles fai pagar menos impostos si teñen beneficio igualmente e seguen medrando? hai 'gato encerrado'.
Estase a introducir competitividade si, mais competitividade non entre empresas senon entre sociedades; o nivel de impostos, o nivel de protección social, as esixencias de seguridade no traballo, as esixencias medioambientais... sempre son sinaladas polos neocons cando se laian de que "outros gañan mais por unidade producida..." outros que son eles mesmos, con outro disfraz.
Teñen á xente na sopa boba da tele (futbol rosa e leviatan) e aínda así o que pensa a maioría é que nos están a estafar; outra cousa é que se faga algo efectivo. A folga de banca propostas ten a carencia de non ofreceren alternativa para os cartos; cecais un conglomerado de minibancos facendo minicretos como os que se propuxeron para o impulso de pequenas empresas en paises pobres?.
Porque; existe modelo alternativo? A min que non me sinalen experimentos, que vexo eu moito listo falando mal do americano e metendo cartos a paladas en Suiza. Penso que un afondamento nos principios sociais e democraticos sería o inicio dun troco no que as empresas pequenas implantadas localmente e o producto local farían de motor que esquivaría a falta de financiamento pola súa pequena escala (coa axuda de minicretos) e os problemas inminentes de enerxía para a movilidade pola súa proximidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario