Ay, Se existise Pepito Grilo¡¡¡

OUUUUuuuu

Cantas ocasions non desexamos non oir falar mais dun mal momento na vida. De cantas malas lembranzas debemos facer esforzo por esquencer. A memoria un arma cargada de pasado que dispara no intre menos agardado.

Levo unha seman sen postear... e non é por falla de temas ou de que dicir pois para iso me metin nisto do bloggeo: Para opinar libremente e que sexa doado atopar a miña opinión e non quede dispersa por foros e coméntarios de artigos periodisticos. Levo unha semana sen deixar prenda porque teño a impresión da praia deserta, do océano de area, do silencio escuro e acolchado, do segundo denantes do relampago... Malos sintomas diredes, e tendes razón.

Sego a oubear nesta insondable enredadeira berrando con voz serea oracions dunha melodia inconexa ainda que vivo coa impresión de estarmos engulidos por unha estructura que nos ten convencidos de que opinar non é correcto e que informarse non é preciso...

Mañan Pepito grilo vai ó psquiatra pois o van convencer de que él mentiu e que a indignación que sentiu foi unha manipulación e... veña que pase e rematemos dunha vez.

No hay comentarios: