OUUUUuuuu
Foi unha fin de seman moi completa; saiu todo mellor do esperado e os catro o pasamos ben. Porei fotos pronto, pero vos fago un resumo.
É triste que eu o diga; pero o 1,50€ que che cobran de comisión pola venda de entradas por telefono paga a pena. Chegas á porta do museo 5 minutos antes da hora convida e para adentro. Así que na Thyssen entrei ás 10:30 cos meus amiguiños e o pasamos moi ben, falando dos cadros, do que neles se via, de como fixera o pintor para dar a prespectiva e o volume etc. Gustoulles e só o pequeno protestou un pouco ó final. ("Papá: ¿No se acaban los cuadros?").
Como tiñamos tempo leveinos pola Carrera de San Jerónimo cara á escalinata do Congreso dos diputados e quixo a sorte que ese sábado houbese visitas guiadas, así que alí nos metemos (non deixan facer fotos dentror por non sei que acordo cos reporteiros gráficos) Dani sentouse no sitio de ZP e Laura quixose sentar no dos taquígrafos. Moi curioso o reloxio astronómico dunha das salas anteriores.
Logo achegamonos ata o Ateneo de Madrid onde tiñan lugar dous actos públicos un a prol da constitución europea organizado polo PSOE coa presencia da Vicepresidenta (nese intre presidenta en funcions) De La Vega e o que eu quería acudir sobor do "Fraude da constitución europea" no que interviñan Joaquin Navarro, Iñaqui Gil e Angeles Maestro. Non puiden entrar na sala que estaba ateigada de xente e como queira que o rapaz xa estaba farto de estar dentro de edificios en actitude "pasiva" pois desistín de escoitar toda a charla. Mágoa.
Logo seguimos ata a Porta do Sol co seu rebumbio cosmopolita, para que visen en directo "o sitio ese das campanadas do fin de ano". Voltamos pola rua de Alcalá por diante das antigas sedes dos grandes bancos i empresas financieiras coas suas estátuas e frisos, pasamos por diante da academia de bellas artes de San Fernando e chegamos onde "a señora do carro con leons" en fronte do Banco de España e o que agora é Concello de Madrid i era Palacio de Correos e telegrafos.
Logo fumos comer ó Fast Good (a miña dona que está impresionada co Adriá) e podo dicir que ó contrario que en outros establecementos de comida rápida quedamos todos cheos e que a comida non tiña ese desagradable reguesto a fritanga. Foi unha boa experiencia.
Pola tarde fomos ata plaza castilla ó centro de arte 4º depósito para ver ós guerreiros de Xi'an para nos decatar como a educación é capaz de deformar a idea que se fai a xente da realidade da historia... Seguimos a falar de China como algo estrano e misterioso i en realidade sempre estiveron ahí en paralelo ó desenrolo occidental.
Xa caida a noite quedamos sós os dous e fomos ó Teatro do circulo de bellas artes a ver La cena que eu vin coma unha escenificación de "o principe" de Maquiavelo ambientado nun intre moi concreto do final da revolución francesa. Grande interpretación de Josep Maria Flotats e Carmelo Gómez.
Ceamos nun restaurante árabe, pero no un ó uso. La cocina del desierto Coa súa decoración beduina nun local que emula a calquer casoupa do Atlas Marroquí e cunha comida ben elaborada que dá unha boa mostra de tódolos refinamentos culinarios de para abaixo do estreito... As pastas e o té moi, moi bós.
Logo,.... a noite por Chueca. Voulez vous dancer?, que bueno que viniste che¡¡¡.
O do Domingo posteareino coas fotos mais tarde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario