A cor do cristal e a constitución europea

OUUUUuuuu

Xa o dí o refran: "todo depende da cor do cristal co que se mire..." i eu engado: "e de canta información estes disposto a buscar...".

Para os lectores de ABC Angel García Seoane é un "comunista confeso...,amigo de Fidel Castro...,Condenado por prevadicación...,Espiado pola CIA...,Expedientado por erguer a súa casa no dominio maritimo-terrestre.". Afirmacions estas moi deleznables para calquera.

A mesma persoa foi para os ointes de "Trebede" (Radio 3) alcalde electo de Oleiros dende hai 20 anos dentro dunha agrupación veciñal de funcionamento asambleario que traballa con presupostos participativos e promove iniciativas para favorecer ós mais débiles....(grabación do programa 12 MB.)

Home; xa sei que ABC e "Trebede" teñen o seu sesgo; pero tanto como para semellar non falar da mesma persoa...

En fin, retirouse a campaña:"porque me lo pide el ministro de exteriores..." para "no interferir en la politica exterior...". Mentras o provocador de Sharon segue a ordear o Xenocidio do pobo palestino e os palestinos seguen a cometer actos bárbaros coa débil excusa da defensa própia.

Un ataque para previr un mal non se xustifica se causa mais mal do que tenta previr



Mentras, europa avanza cara a plutocracia e uns cantos cidadans se tentan organizar para evitar que o fagan co noso consentimento...

Se teño sorte acudirei ó acto público "El fraude de la constitución Europea" o 20-N (boa data nin dios...).

Coido que o mais interesante é a documentación que sobor do tema está "colgada"; mágoa que moitas iniciativas a nivel local están a pasar desapercibidas e que non hai coordinación entre os grupos. Por exemplo eu entereime dunha asamblea sobor do tema en Ponferrada 3 días dempois de celebrada. Unha pena.

No hay comentarios: