POLITICA, PRESTIGE E POESIA.

OUUUUuuuu

Como xa indicara mais abaixo, non son un analista politico ó uso; mais non hai que ser moi listo para saber que o mais divertido está por chegar. Que ninguén se confunda; pode que Fraguenstein conquira a absoluta outra volta coa participacion dos "acarrexadores" mais a será o seu canto do cisne (de un e dos outros).

Para quen queira unha semblanza da intrahistoria recente da dereita galega este artigo de Tempos Novos é moi interesante para comprendermos en que punto estamos.

E digo que aproveitemos para rir porque coñecendo a estructura latino-clientelar das relacions politicas non tardará en xurdir outra trama de similares caracteristicas e con similares e rancios persoaxes.

Mentras, o calendario acheganos á data triste do 13 de Novembro. Estou a percurar datos sobor da disminución de capturas nos caladoiros, a presenza de fuel nos fundos e na costa, o impacto na cadea trófica, o aumento do desemprego nas zonas afectadas e a consecuente marcha da poboación nova, as mentiras no canto dos investimentos nestas zonas tanto en infraestructuras coma en politicas activas de emprego... por agora só me podo avergoñar de que o programa adsense me asigne un banner de votamas que conten enquisas clarmente tendenciosas (insultantemente tendenciosas) respecto ó que pasou hai 2 anos. Seguen co conto aquel de :"y tú más y peor..." que din os nenos pillados nunha trola.

De tódolos xeitos eses son os inconvintes do programa adsense e hai que saber aturalos ou tomar medidas contra eles (os inconvintes).. Outros están peor

Luisa Castro premio Torrente Ballester





Dende hai 16 anos a Diputación de A Coruña convoca os premios de narrativa Torrente Ballester. Que ten na nómina de gañadores a Cesar Gavela , Xosé Vazquez Pintor, Xosé Carlos Caneiro, Manuel Rivas, Victor F. Freixanes... e que este ano engade a Luisa Castro.

Teño moito interés en ler os seus relatos a ver si os podo pillar en galego.

No hay comentarios: