Dádevos amor mais non fagades del atadura.
Deixade que sexa un mar en movemento entre as beiras das vosas almas;
Enchede co voso amor o vaso do amor do outro,
mais non bebades do mesmo vaso.
Compartide o mesmo pan mais non comades do mesmo anaco.
Como as cordas dunha guitarra vibrade cada un só mais facede a mesma música.
Manterse unidos non é manterse aferrados
Pois o Carballo e a Maceira non medran si se fan sombra.
Seredes libres de verdade non cando os vosos días pasen sen preocupacións e as vosas noites sen penas senón mais ben cando istos circunden as vosas vidas e, malia eso, vos ergades por riba deles espidos e sen ataduras.
Dous elementos compoñen o noso ser nun conflicto do que saber sacar proveito é a clave do éxito na vida.
A razón e a paixón son o timón e as velas das vosas almas de navegantes. Si as vosas velas ou o timón rompen, só poderedes dar bandazos á deriva ou quedar ó pairo no medio do mar.
A razón gobernando soa é forza limitadora e a paixón, sen vixilancia, é lume que se consume ata a propia extinción.
Así pois vos aconsello que a vosa alma exalte a vosa razón ata a altura da paixón para que poda cantar e que a vosa razón dirixa a vosa paixón, para que viva sempre unha resurrección cotián e coma o Fénix rexurda das súas cinzas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario