OUUUUuuuu... Tod@s ollamos cara outra banda.
A Xeorxia da canción non vive unha guerra dende o conflito de secesión do século XIX e Atlanta, a capital da CocaCola, vive próspera nas súas marismas.
Na "outra Xeorxia" o 'conflicto bélico', as 'accions preventivas', as 'incursions' desafían á hipocresía dos medios de comunicación "dedocráticos" (si, pon dedocraticos porque reciben cartos a dedo) e ós seus redactores que xa non saben como falar desta GUERRA sen ocultala. O caso é que eu non me creo que Rusia estexa a invadir Xeorxia pola liberdade das minorías ou maiorías de Osetia do sul ou de Abkhasia e coido que a clave se ve moi ben neste mapa da BBC.
Os xeorxianos declararon o estado de guerra e solicitaron a axuda internacional e arestora debera andar por alí SuperSarko; como unha especie de SuperLopez inmoral levando as mans valeiras pois nesta ben escenificada invasión os papeis están definidos hai tempo...¿Vale Xeorxia unha guerra con Rusia co perigo que elo conleva? Xeorxia non é unha sorte de dictadura bananeira e a esperanza de que a DEMOCRACIA se difunda e prenda fronte ás dictaduras (maquilladas ou non) como a de Rusia é que manteña a súa independencia.
Logo está tamén o tema do oleoducto actual e dos que se estan a planificar i executar para traeren petroleo dende Asia central. Está claro que Rusia quere face-lo mesmo que fai Ucraina cos gasoductos rusos cara a europa, coa agravante de que empregaría ese control para os intereses do seu petroleo (Lukoil; empresa da mafia gobernante está no allo) e para controla-los prezos.
Neste intre a quinta parte do pais está invadido, os bombardeos son contínuos e a poboación civil xeorxiana está a ser expulsada dos territorios 'liberados' incluso a escusa da invasión soa a argumento fascista...
No hay comentarios:
Publicar un comentario