OUUUUuuuu...Sempre temos ós gobernantes que merecemos ter porque non somos quen de elexiren mellor.
Tivemos 15 anos de Fragosceno porque vivimos na ilusión ben creada pola corte caciquil do “bo gobernante” que non se aproveitaba da súa posición. E deixamos que á súa sombra medraran tramas eólicas, hidroeléctricas, mineiras, urbanísticas... Megatramas da construcción como a do mausoleo ou FragaPark ou tramiñas como ás do transporte escolar, as blindaxes dos altos cargos, as fundacións comarcais... !!!Canta “listeza” desaproveitada¡¡¡ grandes perdas de neuronas empregadas para o beneficio duns poucos e non para o avance do país.
Mais chegou o goberno ‘bipolar’ e non semellou trocar nada ou pouco, e cousas que deberan de trocar deixáronas estar e trocaron outras que sabían facer mellor... As concesións “dixitais” seguen a ser a estrela da administración galega, calquera plano de fondo calado é entregado a ‘organismos paralelos’, calquera grande obra ou ben está viciada en proxecto por afectaren a áreas protexidas ou ben está posta en dúbida polo xeito da súa concesión.
As garantías dos gobernantes caducan cos seus feitos e ós nosos actuais dirixentes non lles queda tempo para novas argucias; non sería estrano que denantes de poderen publicar este ouveo xa teñamos convocatoria electoral.
No hay comentarios:
Publicar un comentario