OUUUUuuuu... Está moi ben que os partidos políticos fagan pública polos medios que podan as súas posicions respecto ós acontecementos e situacions que preocupan á cidadanía do seu ámbito de actuación en xeral e tamén sobre os temas de política internacional. Mais aínda si se trata de formacions "centrífugas" acusadas sempre de ter unha visión limitada ás súas reivindicacions mais ben "aldeanas" e ó salaio contínuo para que se lles aporten solucions (pensions, subvencions, obras...).
O partido do Bierzo ten algunha xente nova na súa directiva e nótaselle; é xente que percura manterse no faladoiro público co traballo escuro que significa non ter acadado nengún posto representativo nos ámbitos electorais ós que acudiu. Mais en troques de se centrar nas súas propostas de goberno e na reivindicación dun marco DEMOCRATICO e participativo para toda a sociedade seguen coa táctica aprendida do seu fundador de efectuaren golpes pequenos de impacto mais ben local; claro que con semellante mestre o erro non podía tardar.
Opinar sobre a política internacional non se fai dende a nada, os gobernos, os partidos e as sociedades deben adaptarse ós trocos si estes se producen mais ¿como explicar un troco de actitude sen que existise un troco de circunstáncias?... Iso é o que pasa agora coa campaña "Tibet-Bierzo".
China segue a ser a mesma dende o punto de vista político que a de 1991 ou a de hai 8 anos... ¿algunha campaña contra a concesión dos xogos olímpicos?, ¿algunha nota de prensa?. Agora corre prisa e, sen pensar, imos á piscina que encheron outros. Sego a preguntarme ¿de onde saen os cartos dos tibetanos? Inestabilizar a China e as súas relacions coa UE pode interesar a alguén mais o importánte non é tanto no participaren en "guerras de outros " senon a coherencia e sabermos distinguir a política das outras actividades humanas.
Dos erros é de donde se aprende.
No hay comentarios:
Publicar un comentario