- España é un estado democrático: Dubido delo por seren a cabeza do estado herdanza, por que os representantes electos non están ó dispor dos votantes, polo escurantismo na confección das listas, pola falla de proporcionalidade do sistema electoral...
- Se poden expresa-las ideas: Falso; calquera fala mal da monarquía ou de persoas con poder.
- Os cidadans temos os mesmos dereitos e deberes: Menos os membros da familia real, os deputados e representantes autonómicos, os xuices, os altos mandos militares...
- Un partido politico é unha agrupación de que defenden as mesmas ideas sobre a forma de gobernar: Non, "Un grupo de individuos dirixidos por uns cantos que teñen as mesmas ideas sobre a forma de se forrar"
- Os partidos; redactan un programa para explicar as súas ideas. Nada mais lonxe da realidade; redactan un programa para enganar ós votantes que non o teñan claro xa.
- Elecciones: O partido que obtien a maioria dos votos forma o goberno e o resto dos partidos elexidos constitue a oposición. ¿como?; Xa estamos coa leria da 'maioría natural'.
15 días de Abril
OUUUUuuuu... Tiña eu dúas opcions para estes días de intenso mirar atrás e xa me decidira por unha: O mutismo. Mais os acontecementos sempre son un motivo para o troco e xa os discursos da pasada semana na carreira de San Xerome me fixeran pensar que non ia poder pasa-la quincena en branco.
Mais o decisivo veu, como non podía ser doutro xeito, pola vía consaguinea pois non somos mais ca un fato de xenes autoreplicantes e as nosas medio copias constituen a nosa principal flaqueza
Así, ó repasaren as leccions correspondentes a esta semana da asinatura de "coñecemento do medio" do meu amigo pequeno (10a) me atopei dicindo:"falso", "incorrecto", "mentira", "iso é o que queren que penses"··· e tiven que deixar que fose a compañeira a que seguise que non fora ser que suspenderan ó cativo por dicir que:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Amig@ blogueir@: Queremos informarte da Xuntanza de blogueiros que terá lugar en Agolada (Pontevedra) o día 31 de maio de 2008. Gustaríanos contar coa túa presencia.
Agradecémosche que lle deas publicidade ao evento desde a túa páxina. Se o tes a ben coloca o logo da xuntanza nun recanto do teu blog.
Para máis información:
http://blog-xuntanza.blogspot.com
Publicar un comentario