Unha ten que ver co tema que a maioría da xente celebra hoxe: O día da terra. A herdanza que recibimos...

O certo é que o problema non é "visionado" a escala global polos cidadans de a pé e cada quen pensa que son 'os outros' os que non fan nada para evita-lo grave problema do deterioro medioambiental. Así cada un seguimos a ter cadanseu coche, o consumo de recursos non diminue e, en xeral, incrementamo-la nosa pegada ecolóxica mentras criticamos ós cidadans de China ou a India por querer acadaren o mesmo grao de 'desenrolo'... e pobre da iniciativa política que sosteña o contrario. Temos pois un problema ético de primeira magnitude no que TOD@S somos responsables na medida na que non esiximos unha actuación conxunta da sociedade non só contra a emisión de gases (centro agora da polémica polo negocio que representa para os poderosos) senon contra todo un xeito de entenderen o desenrolo como algo que chega, o usamos e o tiramos sen ter vista para mais.
A OUTRA ten que ver co conquerido polo señor Carter no semieterno conflito do oriente medio e do como o conqueriu. Mentras segue a haberen xente empecinada en non queren falar co contrario e en non recoñecerlo como lexítimo defensor dos seus intereses o señor Carter colleu o conflito polos bemoles e foi falar coas partes para conquerir algún avance dentro do enunciado. Que as partes se recoñezan, que recoñezan o conflito e a súa natureza e que recoñezan que o mantemento da situación e as medidas represivas-violentas non van acada-la solución como todos estes anos veñen demostrando.
Non teño mais esperanza que antes porque unha das partes segue (apoiada polos seus aliados incondicionais) empecinada en NON recoñecer á outra parte mais si albisco algunha novidade. Hai moitos centros de estudos estratéxicos internacionais e nacionais adicados a análise destas cuestions como para que un simples leitor de prensa poda dar unha opinión mellor. O IGADI e o Instituto Elcano vos orientarán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario