OUUUUuuuu... Nunha proba deportiva na que participei recentemente atopei un folleto de recollida de sinaturas para apoiar unha reforma lexislativa que permita a cadea perpetua nos casos de homicidios pederástas vencellada a un coñecido e desgraciado caso no que a xustiza ten mostrado a súa faciana mais burocrática e alienante.
Mais eu tento facer unha reflexión algo mais que 'en quente' e veño a darlle voltas a que instituir a cadea perpetua é alterar esencialmente os principios que a constitución enúncia sobre o sistema xudicial e penitenciario cuia finalidade é xulgar feitos, condear ós culpables con penas proporcionais á gravidade dos mesmos e a súa intencionalidade e conqueri-la reinserción/recuperación dos individuos para o ben da sociedade.
Entón; ¿hai que facer unha reforma constitucional?; e si esta reforma é lexítima polo alienante da situación que fai que persoas que cometen crimes horrendos poidan sair de prisión ó cabo duns anos... ¿porqué non dicir que mentras eses crimes non cesen non se pode face-la reforma?
Os grandes partidos queren "conducir" á sociedade no canto de estaren atentos a cara onde tira... nin os partidos centrípetos nen os centrífugos se decatan de que a situación da sociedade ven sendo tal que o debate non se debe centrar na territorialidade do marco de decisións senon na transferencia verdadeira do poder de decidir cara ós grupos de ciudadans que se ven afectados por elas.
O marco legal debe ser estable mais non inamobible e a "inseguridade xurídica" das empresas danos risa ós cidadans que vemos como o goberno SI xera inseguridade remodelando sistemas de pensions e seguridade social, sistemas de contratación de tarifas eléctricas ou de telecomunicacions, sistemas de pago de impostos e valoración de bens...sen que saian os defensores da "seguridade xurídica" a dicir: "eh!, que fai 10 anos que lles dixemos que esta tarifa, esta desgravación ou este sistema teñen o aval do estado".
Non vou pois a aceptar que os "representantes" modifiquen o marco lexislativo a petición dunha cantidade de xente 'X' sen pasar por unha consulta a tod@s por moi xusta que me semelle a iniciativa (ainda que coido que deben existir outras alternativas á cadea perpetua) como non me gustaría que a organización territorial do estado se modificara sen unha consulta ás poboacions dos territorios que pensan, coitados, que son unha "unidade de destino no universal" e que el@s sós se gobernarían mellor...
No hay comentarios:
Publicar un comentario