OUUUUuuuu... Chucei a nova mais non tiña espazo nin tempo de facer un comentario mais polo miudo así que aproveito que neste sitio aínda me publican o que escribo.
No díario "Público" resumen en 10 'mandamentos' o modelo de laicidade que defenden para a sociedade; eu que son de natural inconformista vexolle alguns detalles que lonxe de darlle forza ós argumentos os debilitan por caeren nunha especie de "catolicofobia" que non é precisa para acadar a verdadeira separación do sistema politico-administrativo da sociedade e a metafísica de calquer relixión.
O 1º e 2º "mandamentos" son en realidade os mesmos e tentan fundamentar unha educación libre de influenzas relixiosas coa que en xeral concordo mais esquece que moitos pais apuntan ós seus fillos en escolas relixiosas non pola relixión senon porque ó seren privadas ofrecen unha "cobertura" que axuda a concilia-la vida laboral e familiar; logo a solución debera vir da man de que o ensino público 'compita' en igualdade nesas "coberturas"... xa sei que a escola non é unha gardería, mais se os pais non teñen con quen deixaren ós fillos... Concordo co argumento das horas lectivas, ningunha asignatura sobre ética, moral, comportamento cívico, valores e/ou deberes e dereitos debera ocupar tanto tempo mais sí que debera existir unha asingatura dese tipo nos niveis obrigatorios.
Sobor diste tema de educación e relixión quero aportar un argumento i é que o simple feito de que uns pais se teñan que manifestar sobre si os seu fill@ vai a relixión (católica) ou "estudio" (que risa de nome) xa é unha violación da súa privacidade pois obriga a manifestar unha adscripción relixiosa; imaxinemos que hai unha asignatura que se chame "Bloque nacionalista" a súa elección ou rexeitamento obriga a facer unha manifestación pública da posible adscripción política dos pais ¿non?.
O exemplo elexido para falar da imposición dos símbolos relixiosos á administración é pouco afortunado porque é doado de atacar: A persoa finada tiña unha confesión relixiosa e os funerais sexan do tipo que sexan sempre os preside o oficiante da relixión que practicaba o finado e senon lembremos o funeral de lady Di. Era moito mais sinxelo insistir en saber qué pinta un crucifixo na mesa de toma de posesión dos cargos políticos de máximo nivel da administración ou que fai un relixioso (católico ou de calquer outra 'secta') "bendecindo" obras de financiamento público. Este tipo de "destete" é o que precisa a socieade sen caeren en prohibicionismos que propicien victimismo dos que verdadeiramente obteñen privilexios desta situación.
Eu defendo a presenza dos dispositivos de seguranza en tódolos actos públicos que impliquen concentración de persoas e a colaboración das autoridades administrativas na organización de eventos do tipo que seña (carreiras populares, procesions etc.) que impliquen a moitas persoas. A utilización de gaitas e farrapos (himnos e bandeiras) non me preocupa porque nin mato nin morro por elas e non me simbolizan nin representan. O problema da "semana santa" é que realmente significa unha fonte de ingresos para moita xente (moitos deles auténticos fariseos) e impulsan a economía de lugares moi concretos pois mobilizan a moita xente en parte non polos actos en sí mesmos senon polos días de descanso que se lle asocian; mais o certo é que a propia natureza dos actos e a data de celebración (seguindo o calendario lunar) demostran o vinculado que está o rito católico coas manifestacions que dí rexeitar como o animismo, o culto solar/lunar etc. Hai pois unha 'Chantaxe' económico-social que favorece a esta manifestación da relixión católica; o único que se pode facer é iren progresando na limitación do seu impacto no calendario disminuindo o número de días festivos nesas datas de xeito progresivo e facendo que a "semana branca" do calendario escolar NON coincida nas inmediacions da semana santa senon fixandoa no xusto medio entre o remate da segunda avaliación e a terceira cadre como cadre a semana santa de xeito que ámbalas avaliacions teñan o mesmo número de días lectivos e non coma este ano... Tamén haberá que manter un xusto pulso entre a conservación do patrimonio artístico e o financiamento de iniciativas sociais e a "entrega de cartos" para o sostemento das cofradías e outro tipo de organizacions con fins exlcusivamente relixiosos e poño como exemplo o "museo das cofradías" de Ponferrada financiado cos cartos públicos e que non soe estar aberto mais ca na dita semana santa e, coido, serve de "almacén" de 'pasos' e pouco mais.
A presenza de relixiosos católicos no exercito... Poder e poder igual a PODER. A min dame mais noxo ver que na asistencia sanitaria pública (porque na privada polo carallo lle pagan nómina ó relixioso) se lle paga nómina con guardias e todo a relixiosos dunha confesión que logo, segundo seña a súa actitude individual, póñenlle pegas a canto 'servizo' se lles debe solicitar para un doente. É un tema difícil de solucionar porque, efectivamente, hai unha maioría de católicos na sociedade mais ¿xustifica eso o financiamento das prácticas doctrinais nos centros públicos?; eu vexo incoherencias flagrantes; seica se argue que hai que dar consolo (relixioso) ós enfermos e axudar ós moribundos... sen entrar en debates sobre o "bó morrer" ou sobre a incorporación obrigatoria de relixiosos desa confesión ós comités de bioética onde poden acceder ós datos sanitarios dos doentes, eu pregúntome ¿porque non un 'servizo' de baptizo nos hospitais?.
Nin que decir ten que a min o do patrimonio me indigna bastante mais tamén me crea inquedanza porque a figura das "desamortizacions" faime un dano tremendo; vexo mais razoable faceren "contratos de cesión" nos que se garanta o uso para os ritos relixiosos en momentos puntuais segundo o calendario local e que o resto do tempo os edificios en cuestión señan responsabilidade das administracions que se encarguen da súa conservación e de decidiren en cada caso usos e tarifas de acceso. Mais dificultades ofrecen os fondos bibliográficos, auténticos tesouros para estudar a enorme parte da realidade que a relixión católica significou na historia e que non se pode deixar estragar.
Sobre a apostasía e a lei de datos ¿debo engadir mais?...
Do tema do emprego dos medios públicos para a tranmisión de actos relixiosos só vou a argumentar que cando "libertad digital" (ou a emisora de TDT que pentence á conferencia episcopal) emita en todo o estado xa non terá sentido que se ocupe espazo público para tales fines pois a igrexa católica disporá na televisión da súa propia canle como xa ten (e varias) na radio. Outro tema será ¿que facemos co resto?; ¿hai que dárlle pábulo á difusión de confesions relixiosas e ós seus actos litúrxicos nos medios públicos? Si se trata de algo fundamental para o respeto á liberdade relixiosa ¿entón porqué non obrigatorio para tódolos medios?...
Vencellado co anterior está o tema do financiamento; a igrexa católica é a única que ten unha ficha para que o estado lle entregue parte dos cartos da recadación do IRPF que lle queiran adicar os seus practicantes; isto volta a redundar no argumento xa sinalado da "proba de confesión" que é que hai sinalar ou non a adscripción a un rito relixioso. Mais, abondando nelo, ¿porqué as 'outras' non?.
No hay comentarios:
Publicar un comentario