Pepiño, pecha spanha

OUUUUuuuu

Hai xente tan ben disposta que poña o que se poña a facer sempre o fai mellor que os que se adican a elo porfesionalmente.

O caso é que o P$o€ posto a seren spanholista por aquelo de non perde-las eleccions xerais non só ten demostrado que xa "non se rinde" nen 'pacta co demo' para chegar ó poder senón que é moi capaz de lanzar o lendario berrido do apostolo e, envolvéndose no pendón de Clavijo, facer da "una-grande-libre" un lema modernizado.

Ben visto, si algunha iniciativa resulta algo chocante como a de incluir nos estatutos de RTVE a misión de contribuir á fixar a 'idea de Spain'; logo non ó é tanto pois, a estas alturas, todos sabemos e recoñecemos que a formación da poboación se fai ó traveso dos medios incomunicativos e, polo tanto, deixemonos de lerias de si ensino público i educación para a cidadanía i ensinemos o importánte ó traveso do medio mais efectivo para chegar á poboación. Diante da TV todos estan quietos e atentos; logo é alí onde se pode impactar mais.

Outra das medidas desta campaña, ainda que acompañada da clásica polémica dos malos perdedores, é a substitución e introducción masiva do logo e a marca "gobierno de españa". Isto case resulta coherente pois tódalas empresas se fan identificar pola súa marca... non debía ser menos o poder politico tornado en máquina electoral.

Ó cabo; a pepinho white pode que lle saia ben a xogada voltando a trocar de pelexo neste intre e convocando, seguramente, antes do 11-M. Logo das eleccions, cando a realidade social do estado impoña a súa terquedade e se vexa que para uns e para outros é preciso connivir e pactar centrípetos, centrifugos, liberais e sociais... ¿poderan chegar realmente a se preocupar de posibilitar un futuro mellor para a maioría?.

Co euribor xa no 4,71 moitas familias escomenzan a retraerse no consumo, os investidores xa sairon do mercado inmobiliario hai tempo e, por riba, a crise de liquidez refractaria ó desplome hipotecario nos EEUU ten 'asustados' ós mercados financieiros non tanto pola afectación directa dos fondos retidos/perdidos senon polo significado de semellante sino no noso entorno. Hai 526747 millons de €uros concedidos en hipotecas; lastre dabondo para calquer economía con que un 5% non poida pagar e/ou se declare en quebra ¿que lle vai a ocurrir á banca?. Os recomendadores financieiros aconsellan meterse a 'letras del tesoro' iso só pode querer dicir que os tipos van seguir subindo e que a única seguridade está no estado.

No hay comentarios: