OUUUUuuuu
Remata o "mes de dialectica interna" á que me submetín para ver que carallo estou a facer neste blogue i en que debo centrar o pouco tempo que lle quero adicar si é que quero poder facer outras cousas noutros eidos dos mundos nos que moramos (real e virtual).
A expresión libre do pensamento, ainda o que sexa o contrario ó propio sistema político, é unha das características fundamentais da DEMOCRACIA. Onde remata esa expresión e escomenza a apoloxía, a terxiversación manipulativa ou a inxuria xa ten a súa miga mais coido que coincidiremos en que as prohibicions e censuras no estado actual da difusión da información son medidas inútiles e contradictorias.
Eu neste blogue podo dicir que a monarquía e, sobor de todo, o resto dos membros do 'clan borbón' que non teñen un papel político sinalado na constitución (esa que disque o rixe todo agás o que non rixe); podo dicir que non exercen "laboura nengunha" e, supoño, non será delicto. Escribir a verba VAGO referido a un deses individuos seica sí ainda que hai quen se farta de dicir esa e outras lindezas de cantos traballamos para as administracions do estado malia que o fagamos en virtude de procesos selectivos non biolóxicos.
Mentras unha publicación humoristica que languidecía na súa tirada e que traballaba arreo para facerse un espazo no novo mundo dixital recibiu o espaldarazo da actuación lacaya dos que logo non son quen de actuaren de oficio contra criminais de "luva branca" que matan mais xente cunha decición maniquea que un tirador enaxenado; outros que alimentan a lenda romántica da confrontación elegante entre o poder parlamentar, de forza democrático aínda que maniatado polo financiamento, e o poder monarquico non reciben mais ca un indicativo silencio de que son as súas as verbas que realmente mancillan i evidencian o contubernio entre o que culmina a pirámide mediatica do poder e os verdadeiros poderosos.
Porque unha cousa é non premitir a obtención de prebendas politicas e ingresos económicos dos grupos ou invidiviuos que manifesten ou apoien as agresión os dereitos humanos escomenzando polo de vivir; e outra é non premitir expresarse a persoas ou grupos que consideran que o sistema político ten fallas ou inxustizas. A propósito desto, haberá que incluir nas prohibicions da lei de partidos ós que declaran partidarios da pena de morte (agresión a vida 'legalizada') incluidos os actuais partidos que non a retiran XA do código militar.
Haberá pois que afacerse a este tipo de nova censura "democrática" que consiste na auto-regulación polo medo ou a conveniencia como ben se leva demostrado nos derradeiros 30 anos en toda clase de medios de comunicación do estado que miden moito calquer cousa que sobre o devandito clan se fai pública. Non vaia ser que no seguinte reparto de fondos públicos non toque nada que ter beneficios da publicidade non é doado.
Por elo moita xente ainda non ten caido na conta de que o xefe do estado 'desaparece' incluso nos intres de máxima importáncia familiar sen que poda ser localizado para llo comunicar, as lóxicas preguntas son evitadas polos reporteiros asignados ó 'seguemento' informativo deste individuo senon queren quedar fora da comitiva das seguintes viaxes oficiais e xa está. O parlamento tampouco lle pregunta á Casa R. pola actividade privada do señor este e segue a pagarlle como "horas extras" cada discurso que vai dar por alí.
Vale, xa me estou a deslizar pola liña da indignación; Cada sociedade ten os gobernantes que merece.
No hay comentarios:
Publicar un comentario