Segundo o grupo do que viría a ser o novo alcalde a cuestión estaba en coñecemento dos comités correspondentes que deran o visto bó e a "operación" era un éxito para o partido en cuestión... ata que... Carme Chacón (a coñecida desaufiadora) chiou:
Es insoportable como socialista q cualquier día pero sb todo hoy,vayamos a gobernar Ponferrada por el voto d 1 acosador sexual.Yo, contraria
— Carme Chacon (@carmechacon) 08 Marzo 2013
E o P$o€ fixo augas... e o Sainete, entremes ou traxicomedia chegou... pero voltemos atrás, moi atras para repasar feitos fundamentais que poñen as claves morais desta historia:1) O señor ese condeado por acoso... acosaba a unha muller coa que mantivo unha relación extramatrimonial estando a súa parella gravemente enferma, incluso xa no final do camiño. Esto é unha clave moral que si mostra con quen se estaba negociando.
2) O señor ese foi condeado, si pero non estaba inhabilitado cando se presentou ás eleccions e non o estaba porque a señora esa do tuit e o señor que dirixe o P$o€ non fixeron ren durante a súa "lexislatura liberadora da muller" para que así fose; entón este señor e a lista na que ia obtivo os votos que obtivo e tiña plena capacidade para negociar e vaia si o fixo.
3)O novo alcalde e os seus compañeiros deberan ter repasado as súas declaracions durante o tempo do escándalo do acoso e durante a campaña... pero o seu principal erro foi: Asina-la moción sin contar coa opinión da súa militancia... vaia xeito de entende-la democracia é que se fan cousas que non van no programa electoral sen consultar a que os apoia...
4)Agora o circo mediatico alimentado... POLA AUDIENCIA fai escarnio dunha situación viscontiniana (c de Pepe o praticante) abondando no suposto nepositmo do goberno saínte, na liorta interna so P$o€ e na sentenza do señor ese pero esquecendo (salvo unha honrosa escepción) o escandaloso silencio "progre" respecto á vítima de aquel acoso que sigue exiliada...
E agora esta cidade endebedada debe asistir impasible a como esta xente fai o que lle peta... pois xa ningún deles está dentro dos parámetros que existian cando se votou, pero a ben seguro que ningunha decisión que tomen a someteran a un referendum coa escusa do que custa ou con calquer outra que se vos ocurra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario