Abri-lo cofre #DiaConstitución

OUUUUuuuu... en 39 anos a vida da xente tende a trocar, o mundo troca, as sociedades trocan... é algo consustancial á natureza que ten que ver cunha lei que na física se coñece ben: Principio de entropía.

Mais na política da Hespaña (esa que Castelao escribía así; con h) o troco non é algo que se leve ben.

Dende a idade media unha boa parte das persoas que ostentaron poder facendo da guerra e da conquista a "industria" do seu "progreso" gardaron calquer opción de troco nun cofre e alí a deixaron ben encerrada... agora ese cofre vense a chamar constitución.

Resulta ata insultante que os mesmos que se opoñen desesperadamente á reforma constitucional agora traten de conducila a un "espazo de moderación" no que se teña por natural e indiscutible o que xustamente é o mais discutible.

Así nesta editorial se fala como quen non quere a cousa de que a reforma constitucional ha de incluir a eliminación da preferencia do varón na sucesión á coroa... e digo que Qué coroa? Acaso non imos poder votar a forma da mais alta representación da sociedade? Claro, eles xa saben o resultado, como o sabía Suarez...

O certo é que aqueles que puideron (si quixeran) votar vai 39 anos agora non son nin 1/3 da poboación activa e menos de 1/4 do total da poboación...


Así que a lóxica apunta a que vai sendo hora de abri-lo cofre.


Publicar un comentario