Hoxe Irlanda SI decide... por nós.

OUUUUuuuu... Mentras a crise financiero-crudoespeculativa golpea en Europa co agravante "ladrillil" no estado español. Agora que a UE ven de dar 65 hostias ben dadas para demostraren como a "NON-Democracia europea" pode trocar elementos básicos das regras socio-económicas sen que, polo menos, podamos sinalar a un partido político como 'culpable'. Mentras o Terrorismo de Cabina loita para mante-lo seu marxe de beneficio a costa dos impostos de outros e o zapiavelismo fai malabares para cumplir as promesas electorais de tempos de 'vacas gordas' cos cartos das 'vacas fracas'.

Mentras todo iso acontece; dáselle a puntilla definitiva da instauración dun novo xeito de goberno totalitario que terá a característica de non parecelo porque se pode votar "Si" ou "claro que Si". Nese intre, insisto, son os Irlandeses os únicos privilexiados que poden expresarse de xeito que vai se-la súa opinión a nosa, a de tod@s os demais cidadans da UE.

O Consello da Unión Europea de Emprego, Política Social, Sanidade e Consumidores mais o comisario de emprego, asuntos sociais e igualdade de oportunidades decidiron algo moi importante e a información verdadeira é mais ben escasa i en Inglés (nota de prensa .doc; resumo na páxina do comisario europeo) mais resulta tremendamente 'gracioso' que os límites de 60 e 65 horas se podan adoptar por "acordo" entre a empresa e o traballador... Logo, como non podemos "competir" cos custos laborais chineses nen conxelando nen baixando os soldos -en termos "constantes"- (iso si, ata o límite que nos permitan seguir mercando os seus productos) pois rebaixamos as condicions laborais.

Sorte que a crise do transporte que está por vir fará retrocede-la 'globalización' e a lóxica imporá a reaparición dos ciclos productivos e de consumo locais e as redes de comercio interconectadas a media escala deixando o transporte a longa distancia para medios de alta eficiencia enerxética non dependentes (directamente) dos hidrocarburos: O tren (dobre via, electrificada).
Publicar un comentario