OUUUUuuuu... 1º: Declaración de tendencia. Non son anti-europeo, nen sequera coido ser anti-español; outra cousa é que me queiran dicir que para unha "españa forte" faga falla ser 'todos un' ou que unha "europa cohesionada" precisa a instauración dunha 'oligocracia maniquea'. 2º: O que son; o que apoio deíxollo, en xeral, ós feitos pois como bó galego sempre teño retruque para todo (ou non).
O resultado do refrendo en Irlanda ten moitos, moitísimos motivos para seren triste. Mais os meus motivos teñen pouco que ver cos enunciados por políticos e deuses do comentario que, malia a admitir en privado as razons dos meus, prefiren insistir nos deles.
En primeiro lugar; entrísteceme a escasa participación que, como xa teño comentado, réstalle validez ó resultado e ó suposto 'espiritu europeo' de tod@s xa que logo non se é quen de manifestarse en cuestions de PRIMEIRA ORDE como a adpción de tratados que obrigan a emenda-la propia constitución e modificarán substancialmente as oportunidades de futuro. No que lín e ouvin (e foi moito pois ia no coche) este dato foi ignorado supoño que pola comparación con outros que sí foron favorabeis no seu intre e, mais aínda, pola sensación de paradoxa de que a unha poboación que se lle consulta non resposta mentras que a nós nin nos preguntan...
Entristeceme outra volta ouvi-los comentarios sobre o resultado denantes de remata-lo reconto e as alusions á suposta tardanza dos mesmos: ¿Preferirián un resultado "instantáneo" mais inseguro?. Para min, as garantias de limpeza e o cómputo de TODOLOS votos emitidos ten un valor mais importante que a suposta prisa dos medios -comunicativos en te-lo resultado e percura-las reaccions.
Entristéceme a machacona mensaxe dos medios -comunicativos insistindo unha e outra vez en que o tratado está aprobado en españa cando non ten nada que ver co tratado da "constitución europea" e si precisa unha reforma constitucional na que se nos van colar 'outros temas' para manternos igual outros 30 anos.
Dame medo a prepotencia dos políticos de eiquí (electos) e dos de alí designados por non se sabe quen nin como que insisten en que "o proceso continuará"; burócratas estudando xa como saltarse a vontade dun pobo ou agoreiros que interpretan o resultado como lles convén e manifestan o seu "anti-oquesexa" mais pertinaz sen recapacitar dos qués e dos porqués... Tanta prepotencia non se pode xustificar pola necesidade dunha 'europa forte' pois a principal forza de europa é a liberdade do que se pode manifestar democraticamente e de quen é libre para soster as súas opinions sen, por elo, ser un criminal ou ter que recurrir á violencia; por iso este blogue leva o meu nome no cabeceiro i estou disposto a me rexistrar onde sexa sempre que me garantan que ninguen vai poder escribir nel suplantando a miña identidade.
Xa dei unha clave no anterior comentario e foi o exemplo palmario da modificación da directiva sobre a regulación da xornada laboral na que un grupo de ministros deu de paso a proposta dunha equipa de funcionarios NON ELEXIDOS por nós pero si a soldo de tod@s mais que só reciben ós lobbistas.
Europa precisa de crer na DEMOCRACIA e deixar este xogo de votos ponderados, maiorías de bloqueo e pesos relativos. Para escomenzar poderían propor un único referendo en toda a UE sobre o novo tratado; o próximo pois xa se sabe que como no REACH ou no tema tranxénicos teñen dereito a insistir ata acada-lo que pretenden mentras que outros non teñen nen dereito a intenta-lo. Digo que para a nova proposta fagan un único referendo en toda a UE e que incluan dunha vez a elección dos membros do poder executivo e da máxima maxistratura europea, a revocabilidade de todos eses cargos e a plena transparencia dos seus bens e axendas (con quen se reune e onde).
Logo xa poderán falar de 'limpeza' e tal porque si eles queren te-lo poder de decidir teranno dende a esixencia de facelo polo ben común e non por intereses extranos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario