Cando digo NON É NON

OUUUUuuuu... Diranme outra volta que Kale. Mais a verdade é que isto semella unha violación; os eurócratas tentan conquerir un poder decisor ABSOLUTO sobre os aspectos fundamentais lonxe de calquer posible 'represalia' na toma de decisions mediante o voto.

Menosprecian a decisión dos Irlandeses como farían con calquer pobo pequeno que está colonizado.



O clamoroso silencio dalguns medios e formacions políticas que se dín DEMOCRÁTICAS non mostra mais ca conformismo de futuros "dedócratas" que agardan unha migalla do pastel.

Si as persoas que tentan 'construir europa' foran coherentes cos principios da DEMOCRACIA, proporían un referendum único europeo para aprobaren un tratado político-económico e social que non só regulase as relacions internas senon que regulase as poliíticas exteriores impedindo o comercio con paises que subvencionen e sosteñan principios diametralmente opostos ós que ese tratado expoñen; senon sería paradóxico que as mesmas empresas europeas teñan que manter uns comportamentos para producir e vender en europa e non os respeten cando producen ou venden en outros paises.

Europa e os europeos non debemos aspirar só a instaurar unha sociedade xusta, solidaria e democratica no noso continente senon que debemos aspirar a que os principios universais dos dereitos humans sexan respetados no mundo e iso non se conquire cun goberno autócrata no que as decisions importantes as toman persoas non electas DIRECTAMENTE polos gobernados.

1 comentario:

Chousa da Alcandra dijo...

Falta moito no camiño desa "construcción" europea. Somos cada un de seu pai, de sua nai e -por riba- temos primos ben diferentes tamén.
Ainda costa montar unha cooperativa entre a aldea de riba e maila de baixo...como non vai costar xunguir ó arado unha vaca polaca cunha xovenca portuguesa para colocarlles un arado turco guiado por unha rabela francesa, mentras chama a xugada unha rapariga holandesa...
Levamos media vida loitando por achegarmos as administracións, pedindo transferencias para os gobernos autónomos e incluso para os concellos; agora resulta complicado entender iso da descentralización cara Bruxelas.
Eu son un neno de aldea, carallo. Que non mo poñan tan complicado!