Europa; ¿eses quen son?.

OUUUUuuuu... A lenda de Sarko o rescatador engrandeceuse estes días de verán.

O conflicto balcánico é un puzzle infantil comparado co xadrez do caucaso e os rusos están a mostrarse como mestres que son do xogo das 64 casillas. Etnias, Desprazados do stalinismo, Petroleo, Oleoductos, Fronteiras feitas a lapiz... todo ven a mostrar o ridiculos que chegan a ser os "sentimentos nacionais" no mundo moderno.

O tema é que os feitos acusan a Rusia de desmembrar a Georgia pola vía das armas mais cunha escusa vaga, inconsistente. Ningúen nega a maior: o conflicto se debe ó petroleo, ó oleoducto e a crecente presencia americana (e turca) no 'flanco sur' ruso. Hai silencios clamorosos que sinalan a quen non fala e hai verbas valeiras que era mellor non pronunciar.

Nestas últimas atópase europa e o seu representante circunstancial que, coma o can, ladra e non morde. É o problema de representar a un conxunto tan amplo coma diverso de pobos: cada un ten as súas afinidades e intereses e hai compoñentes que, postos na mesa, pesan mais que a dignidade diplomatica.

Así; mentres Sarko paseaba por Georgia co chaleco antibalas os disparos se facían por teléfono en Berlín e o chaleco antimisis lle era colocado a Polonia que os rusos se encargaron prontamente de mostrar como 'non eficaz' (un movemento de consumo interno). Os americanos enviaban a "caballeria humanitaria" en forma de buques de guerra con isas cargas de alimentos e mediciñas prontas a caducar dos depósitos da OTAN e a ONU voltaba a dar síntomas do 'bloqueada' que está mercede ó inxustificado sistema de votación e representatividade que a goberna.

Desta volta Rusia non é o sistema autócrata que se desmorona por falla de mantemento e de ingresos do comercio senon mais ben ó contrario. Anos de autarquía lle permitiron ter agora petroleo e gas abondo como para manter un fluxo constante de ingresos e ter un dogal co que 'atar en curto' a Alemania.

Ide pondo a cubiteira mais preparadevos porque, desta xeira, a guerra fría non vai ser tan silente coma antano e lembrade que agora a ciberfronte está en todas partes: Eu non é por nada, mais non me creo que o caos do espazo aéreo do leste USA fose un 'fallo' se non mais ben un ensaio.
Publicar un comentario