OUUUUuuuu... Pois si que che vai boa; nin que tivesen sintonía mental. Primeiro Gordon B. o afundido 'premier' do RU se adiantou ó seu propio partido e, da man de Alistair, botou a casa pola fiestra para NACIONALIZAR á banca en dificultades sen trampullos; si vos vai mal pois pasades ó estado e logo xa se verá. A intención era intubar ó capitalismo financierio británico, poñelo en coma barbiturico para podelo despertar cando a crise pasara... ¿sen mais?; non sei.
Mais veu Sarko e dixo: Axudamos, avalamos créditos, intervimos bancos; pero HAI QUE FACER ALGO MAIS. ¿Porqué o fai?, por instinto político, porque é o que toca dicir e logo xa se verá.
Entón Gordon dixo; pois si intervimos na banca claro que haberá cocelleiros nomeados polo goberno...
Pero, as enquisas demostraron que era precisa mais 'leña' e Sarko voltou a estar mais presto: e manifestou que non pode haber ferramentas financieras sen control e que hai que acabar coas 'zonas grises'... Neso xa estou mais na onda.
Mais... ¿U-los neocons?; eu dende o 2001 levo aprendido que dos medios comunicativos hai que atender a 2 cousas: 1- En qué insisten 2- Que é o que 'non din'. E mosquéame que non hai nen un pio de páxaro dos neo-cons sobre cal foi a falla de mercado que permitiu esta bola de neve.
Os Abandonos
Si noutra entrada sinalei ás accions de apoio social como víctimas desta crise e tamen puxen na mira ós problemas de subministro enerxético e de sustentabilidade do actual modelo social i económico a presteza coa que persoas que calan respecto da crise financiera se teñen dado para solicitar o aprazamento das medidas de reducción de emisions (A única iniciativa de Berlusconi en todo este tempo).
A min dos silencios extranos me chama a atención que aínda pouco se ten falado do impacto de todo esto nos fondos de pensions e, senlleiramente, nos recentemente autorizados investimentos dos 'sobrantes' da Seguridade Social nos mercados financieiros; quixera que algúen preguntase por elo en sede parlamentar...
¿Imos ter que socorrer ós pensionistas de Telefónica ou de Endesa que INSOLIDARIAMENTE escolleron a xestión privada dos cartos dos seus fondos para gañares eles mais que os outros?... ó tempo, que iste baile ainda acaba de arrincar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario