OUUUUuuuu... Sei que vou ser acusado cando menos de plaxio, fago constar que eu tamén pensei nesta denominación mais non a citei por falla de tempo, quería centrarme en cousas verdadeiramente importantes como a CRISE.
Entón temos a unha chea de xente reclamando dereitos que xa teñen e que eles mesmos e os que se ocultan tras deles negaban (e negan en territorios do galego irredento) ós que agora sinalan como opresores... todo un teatro ben maquinado e aventado por medios comunicativos con UNHA clara finalidade, GRANDE interese en que a situación continue e a xente non sexa LIBRE.
Agora entran na teima da 'destrucción' do castelán, da súa '¡persecución!'. A verdade é que hai moito odio que se retroalimenta; algunhas persoas pensan que a obriga do que eles opinan como correcto é a única coidan xustificarse con identicas actitudes dos que defenden a idea contraria.
Non cabe dúbida que é importante o papel da educación obrigatoria na aprendizaxe e no emprego dun código (lingua) concreto, mais o papel dunha lingua nunha sociedade ven dado por moitos factores, xustamente moitos dos que mantiveron "VIVA" á lingua galega non foron escolarizados, ou o foron en castelán... o galego tiña, e ten, valores arraigados no país non precisa de imposicions.
A transformación social cara a unha paisaxe mais urbana, industrial, consumista integrada nun suposto 'mercado' superior non xustifica virarlle-las costas ó propio patrimonio, a diversidade non é un valor só no campo biolóxico, tamén no linguistico e si esa diversidade nos enlaza con cousas e tempos non lonxanos e valedeiros non se xustifica mais ca no medo ó descoñecido ese odio visceral cara á música do falar.
VIL: Indigno, torpe.
Facer unha guerra agora desta cuestión cando hai 30 anos que se promulgaron as leis nas que se sustenta... simplemente demagóxico. Como aquel que dicía respeta-la lei mais que cando as leis lle dixeron que non tiña razón cantou... La, lalalá, lalalá, lalalá.... e gastou os cartos de todos en defender a súa teima.
Esta 'cruzada' contra a lingua é VIL.
Edición 14/2/2009
Quero destacar agora esta entrada de illas ficas "Me mola tu antítesis (3)" na que desmonta as argumentacions xurídicas dos vil linguistas e dos seus principais apoios políticos (incluso demostra que o PPdG estivo a prol delo).
Como se comenta alí; as actitudes de centros particulares e de docentes particulares non xustifican unha campaña xeralizada contra a lexislación vixente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario