OUUUUuuuu...Eu hoxe ben pensara en escribir neste blogue cousas desas sen siso que me saen das mans (non falo, escribo), cousas que me veñen ó caletre nalgún instante entre que desperto (coido despertar) e volto ó leito, pensamentos que me atravesan e me queiman facendo unha estela que desexo facer pegada permanente nos bits das notas deste taboleiro sen lectores, pensaba contarvos de avions que leva(n(ban) xente encapuchada, atada de pes e mans; xente denigrada mais viva, privada do DEREITO mais con dereitos, persoas con supostos graves crimes contra outras persoas mais que seguen a vivir. Pensaba falar da ignorancia que nos atribuen os que (pensan) acada-lo cumio da sociedade e facer e desfacer dende alí ó seu antollo; pensaba que son incompetentes si en verdade non sabían o que acontecía nas bases aéreas baixo a súa responsabilidade de goberno. Tiña gañas de despacharme sobre o uso colonial que fan as forzas armadas dun pais do territorio de outros. Coidaba que todo eso era moi importante...
Pero veu unha xente sen siso nas mans, sen caletre de verdade, co corazón durmido sen pensamentos, só con ódio e me queimou as ideas antes de chegaren á casa. Xente encapuchada na cabeza e/ou no corazón que cometen actos criminais INXUSTIFICABLES e privan de TODO a un(ha), coma mín, persoa (cos meus moitos erros pero con igual dereito á vida). Ignorantes do que desexa a sociedade que só demostran que saben desfacer porque, qué clase de patria se construe sobre mortes cobardes? (sobre ningunha morte, mais ainda menos sobre as cobardes). Incompetentes para rematar cun conflito que dura xa mais de 2 xeracions, irresponsables que sementan odio ó que din amar pois a forza armada só xera mais forza e o principio acción-reacción é tan infantil coma inutil...
A morte dunha persoa o día que morren 100000 non debera contar mais a vileza do acto, a cobardía; non fan mais que manchar o nome do que se dí querer salvar.
Tiña verbas sobre o motivo económico, o trasfondo desta vileza mais non podo, non quero teclealas...
No hay comentarios:
Publicar un comentario