Tra-lo debate

OUUUUuuuu...

Desta volta non seguín a 'pé firme' o debate do estado dende o congreso porque tiña, e teño, cousas dabondo das que atender e conformeime coa puntual des-información dos medios ó meu alcance.

Semellou que o grupusculo de cidadans elexidos pola xente para a representar non vive cos mesmos problemas que eles; non é de estranar, con tantas medidas de seguridade que pensen só na ameaza terrorista (curioso, só nunha caste de ameaza terrorista) mentres que o tema da vivenda, o mundo que lle imos deixar ás vindeiras xeracions, o enriquecemento duns poucos por medio da usura e a usurpación dos recursos públicos e naturais... non debe sair nas enquisas e, polo tanto, non está xustificado que os nosos próceres lle adiquen os valiosos minutos que a mercadotecnia da in-comunicación lle adxudica a este teatro pseudo-dialéctico.

POR PARTES

No referente ó debatido de xeito principal... Atopámonos coa infame celebración por unha parte dos electos do fracaso da tentativa de acada-la paz que autorizou maioriataiamente o mismo foro de representantes, celebración que a piques estivo de ser coroada funestamente polo sector de lacaios deste sectarismo no que, semella, se ten convertido a 'loita' dos abertzales. Peticions políticas como a das actas das xuntanzas e a revocación do acordo do pleno que autorizou a tentativa demostran a desesperación de quen as fai e as súas tremendas carencias no eido da iniciativa de goberno. Pode que a petición das actas dos fatidicos días de marzo ou das xuntanzas das Açores semellen unha resposta, mais non o son; como tampouco o é a revocación do acordo do consello de ministros que autorizou o envio de tropas de apoio á toma dos campos petrolíferos da antigua mesopotamia.
Mágoa que este mesmo grupo non apoiase as iniciativas de afondamento na democracia que permitan o fin da fraude no voto CERA ou a da creación dun novo pacto político que permita reaborda-lo tema da violencia política sen facela obxecto do acoso mediatico por parte dos aparatos 'contaminadores' dos bandos enfrontados.

A INDIGNIDADE

Serviu o debate como punto de saida para a vindeira campaña electoral que vai seguir as mesmas liñas que os dous líderes ós que o entramado politico-económico-electoral lles ten asignado posibilidades de acada-la presidencia do goberno, mostraton no desenrolo dos pseudo-debates da ainda non ben rematada campaña dos cómicos locais-autoanémicos.
Que o faga o lider aspirante podería ter sentido; mais, no canto de ofreceren alternativas e proxectos o que fixo foi o que arriba sinalei.
Que o actual máximo cargo político do país se adique a 'abracadabras' electorais no debate político de, suposta, mais altura do ano é por en realidade que se trata nada mais que un xeito de atrae-la audiencia dunha cidadanía descontenta e desconectada do devir da política (por que ela mesma así o quere e o sistema se beneficia delo) para que vexa os anúncios que os publicistas políticos lles preparan.
Si, acto seguido, se fai unha reforma da equipa de goberno para liberar 'pesos e mentes' de cara a esa campaña recen iniciada non cabe outra verba sobre o debate que PATRAÑA.

Porqué afirmo que a cidadanía está desconectada e descontenta da política? porque lle asigna a función de "caixa escura" na que os procesos de toma de decisions semellan inadacabeis e os seus resultados, sempre no beneficio dos mesmos, se poden criticar sen temor pois nós non temos ren que facer con eles.

No hay comentarios: