Repítese a maxima e resulta que "o descoñecemento da lei NON exime do seu cumprimento, o seu coñecemento SI".
Na pugna dialéctica do capitalismo post-industrial sempre atopamos o enfrontamento entre o "desenrolo das iniciativas" que falsamente se chaman "iniciativas de desenrolo" e os recursos que son ben público cecais non reflexado como tal na lei mais que si o son na realidade: A paisaxe, a auga, o aire... o futuro.
Os que impulsan ese desenrolo feroz empregan armas e chantaxes moi refinados que semellan non ter que ver coa violencia mais que lles permiten acada-los seus obxectivos e doblegar a vontade dos gobernos e de quen -coida- os elixe para que defenda os intereses xerais.
Así, o peche dunha explotación mineira ilegal ou lesiva para o medio ou que impide outro tipo de desenrolo sempre recibe a ameaza da 'destrucción de postos de traballo' coma unha navalla fronte a unha gorxa inocente, famenta, que non ten mais que dicir que ollar desorbitadamente e pregar: "Dádelle o que pide ou deixará de me explotar laboralmente...".
Nos derradeiros días vemos como gobernantes creban precintos xudiciais, gobernos aproban canteiras en parques naturais e a verdadeira industria segue coa súa produción de mortos e contaminación. Estamos a ser expropiados a prezo de saldo e baixo a ameaza chantaxista dun emprego miserento e precario que, en calquer intre, poderá ser desprazado cara a "paraisos laborais" deixando ¿que?; deixando un burato no noso futuro.
O treito afectado pola mina do Courel estivo incluído dentro da Rede Natura 2000 cinco anos.
A maior parte do treito do Courel excluído da Rede Natura reúne os mesmos valores que o resto do espazo, e a súa exclusión responde a prácticas fraudulentas de concesións realizadas polo anterior goberno e da que agora os responsables da nova Xunta parece que queren ser cómplices. O motivo de que Galicia ocupe o penúltimo posto dentro do estado de superficie protexida en Rede Natura 2000 e froito precisamente destas prácticas, e a riqueza natural galega non está ben representada. Clama ao ceo que os soutos do Courel sexan destruídos impunemente en pleno século XXI amparándose na falta de protección oficial.
A FEG está interesada en coñecer se a documentación xustificativa que chegou ao Consello da Xunta para resolver o expediente de autorización e legalización da Canteira de A Campa – Santa Eufemia, que ameaza unha parte central da Serra do Courel, incluía información relevante sobre a circunstancia de que precisamente a área en cuestión estivo incluída durante cinco anos na Rede Natura 2000. O mero feito de ser tido publicado no DOGA, como proposta na lista da Rede Natura 2000 a enviar ao Ministerio de Medio Ambiente ( encargada de coordinar a proposta española ante Bruselas) supoñía a condición para ser considerada, a efectos prácticos de xestión, como espazo Natura 2000 segundo o disposto na Directiva de Hábitats 92/43, no seu artigo 4 apartado 5, mentres non fora resolto definitivamente pola Unión Europea.
No ano 1999 a Consellería de Medio Ambiente publicaba no DOGA Nº 216, de martes 9 de novembro na súa páxina 13130 a “Orde do 28 de outubro de 1999 pola que se declaran provisionalmente as zonas propostas para a súa inclusión na Rede Europea Natura 2000, como espazos naturais en réxime de protección xeral”, en cuxa proposta figuraba incluído varios vales forestais que abarcan, inclúen e rodean a zona de extracción mineira de lousa, área esta que ben sido aprobada a semana pasada polo Consello da Xunta.
Posteriormente, no ano 2001 (DOGA 118, do 19 de xuño) e no ano 2003 (DOGA 115, do 9 de xuño), o espazo en cuestión foi novamente recoñecido como zona da Rede Natura 2000.
Pero foi no ano 2004, a raíz das negociacións mantidas polo sector pizarreiro coa Xunta, cando a Consellería de Medio Ambiente decidiu excluír, da noite pra mañá e sen xustificación aparente e ningunha resposta as diferentes organizacións ecoloxistas que denunciaron esta sorprendente e anómala decisión, unha importante superficie da zona centro sur da Serra do Courel.
Así, figura publicado na cartografía recollida no DOGA 95 páxina 7082, do mercores 19 de maio de 2004, onde se pode comparar o “guillotinazo” que deixaba un burato na zona centro sur do Courel desamparado de protección coma espazo protexido. Xusto ao mesmo tempo, a Consellería de Medio Ambiente por medio da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formula a Declaración de Impacto Ambiental da Canteira, con data de 25 marzo do 2004, relativa ó proxecto de explotación da Campa n° 5367.2, e no que xa se recolle que a zona está excluída da Rede Natura 2000, cando esta resolución practicouse un mes máis tarde, con data do 30 de abril do 2004, por parte da Dirección Xeral de Conservación da Natureza e pola que se dispón a publicación no Diario Oficial de Galicia da CARTOGRAFÍA Rede Natura 2000.
No hay comentarios:
Publicar un comentario