OUUUUuuuu...Si, recoñezo o meu silencio durante o tempo no que o conflicto foi público; recoñezo que falar do conflico humano nas terras de Palestina é moi complicado dende unha neutralidade total, recoñezo as miñas limitacions de cidadán medio con acceso sesgado á información e submetido á presión dos medios comunicativos e recoñezo que o meu exercicio profesional fai que o argumento principal sexa o da vida.
Teño escrito algunha vez sobre este conflicto e sempre quedo coa sensación de non deixar todo ben dito... agora este 'episodio' pilloume de viaxe e non fixen pública, no seu intre, a observación que me dixo a miña comentarista: "Esto remata coa toma de posesión de Obama" mais sácoa do caixón porque, verdadeiramente, foi así e porque; aínda mais importánte, o mais salientable de todo ese período de criminalidade xeneralizada entre dúas organizacions recoñecidas internacionalmente e respaldadas polas súas poboacions o mais salientable, repito, foi o silencio público-impúdico de Obama.
Nós pensamos nunha manobra calculada, nun deixar facer antes da toma de posesión para logo ter un tempo de 'tregua tensa' ata que o novo presidente tome posición no conflicto...O atasco da situación cada volta me convence mais de que ámbolos actores saen beneficiados polo conflicto; Israel obtén grandes beneficios das axudas ós refuxiados que obrigatoriamente entran polo seu territorio logo de ser trocadas as divisas de pago (€uros e Dolares) en Shekels e mercadas as vituallas en Israel, almacenadas e transportadas por empresas xudeas (···) un bó negocio. Hamás saca rédito do asedio e dos ataques pois cada volta a poboación móstrase mais decidida a acepta-la lei islámica e un estado represivo co obxectivo de liberarse de semellante presión; e hamás fai ben o seu papel de adoctrinamento e de emprego da poboación civil própia como escudo e da allea como obxectivo.
Eu pído disculpas polo meu silencio; mais pouco podo facer nun conflicto no que acusar a uns semella apoiar ós outros.
1 comentario:
Moi atinado post, meu.
¿Sabes? ese mesmo vaticinio costoume un erguemento de voces falando do tema na casa, e tiven o tino de deixar que se decatasen do seu erro coa realidade. Foi tan descarado e matemático (e sádico) todo desta vegada, que a dista vez, inda que pareza que apoio a uns... hai que ergue-la voz para condenar ós outros. Dista, pasáronse, coma noutras.
Publicar un comentario