OUUUUuuuu
Cando no B.N.G. se fixo o troco de candidato á presidencia da Xunta de Galiza un sector dos medios de (in)comunicación calificou o movemento como 'continuista' e outros como unha 'anovación da fachada' sen mais... O certo foi que o paso de X.M. Beiras á presidencia do Concello Nacional (posto orgánico, non de figurín) presentou dende o principio friccions tanto con Anxo Quintana coma cos sectores 'enquistados' da U.P.G. os desencontros foron convintemente aireados polos medios afins á dereita como unha mostra da endebleza estructural do Bloque (cando só faría falla atacar a súa falla de democracia interna) ata que chegou a hora de elaborar (nunca mellor dito) as candidaturas electorais...
Nesta derradeira trifulca Beiras saiu claramente mancado pois nin él pensara nunha retirada real da actividade parlamentar; mais... O xesto de pedires disculpas á militancia públicamente e, acto seguido, saltar ós medios arremetendo contra a directiva que el contribuiu a elexir é mais ca confuso. Se quen marcha permanece e segue a dirixir ¿U-lo o troco?; ¿non é un troco así (Retirarse) o que o BNG quere para Fraga?. Coido que a estructura do BNG neste 'interludio' non foi ben estudada e que se confiou demasiado na boa relación entre as persoas deixando que esta substituise a un auténtico reparto de funcions e a un organigrama.
Para remate. Esto vai a afectar ós resultados electorais do BNG sen dúbida. Beiras tiña 'gancho' ainda que xa non fose o candidato incluso entre a xente nova; tamén haberá quen se decante agora polo BNG por ter levado a cabo unha auténtica anovación, ainda que ignoro si as persoas integrantes das candidaturas son coñecidas en galiza mais aló dos ambientes e circulos do "galeguismo nacional". En Outubro teremo-la resposta.
En ODEP estamos a tentar formar candidatura a estes 'comicos'(si, pon 'comicos' e non comicios; pois a actual OLIGOCRACIA PARTIDARIA dá risa) para serguirmos esixindo unha reforma profunda do sistema politico-electoral co fin de facer realidade a DEMOCRACIA
Actualización 16/04/2005:
Tras leer este artigo de Brais Prego de Montaos en Xornal.com fixen este comentário:
Sego con grande interese dende o recuncho berciano este tema, coma sempre este autor (para cando darás a faciana meu?) ven a conectar co meu pensamento mais quero abondar no tema das listas electorais e a unidade partidaria.
O que comenta Brais é certo; electoralmente prémiase a 'apariencia' de unidade mais ¿porqué?. Eu concluo que se debe a ese dobre xogo de facernos votar unha candidatura coma conxunto mais logo conceder actas nominais ós deputados; se os votantes puidesemos elexir realmente a quen queremos votar ( e/ou revocar ) non habería tanto medo a que escisions ou 'mercadeos' de deputados den ó traste con gobernos e programas. O dito; hai que profundizar na DEMOCRACIA XA. (tamén dentro das organizacions políticas).
1 comentario:
Resulta totalmente clarexadora? a entrevista que publica 'el pais' hoxe... Sic gloria mundi transit... Eu de novo tivera un ideal en Álvaro Pino e lembro como me gustou o seu xeito de reaccionar tras perder unha Volta nunha etapa de vento; atacar de lonxe, como o campión que era. Beiras ¿está a atacar de lonxe? non sei a quen mais si sei a quen está a beneficiar.
Publicar un comentario