¿novo periodismo?

OUUUUuuuu... Onte voltei a ver á personlaización dos secuestradores da democracia. A un señor concédenlle un, seica, prestixioso premio de comunicación latinoamericano i ese mesmo día despáchase a gusto contra a democracia que dí defender.
Ó fio das diferencias persoais e ideolóxicas xurdidas dentro do principal partido da dereita do estado nun período previo a un congreso; que é, coido, o momento de facer debate e que o debate canto mais público mellor é para a democracia. Digo que ó fio destas desavenencias un diputado electo do partido en cuestión decidiu convocar á prensa e facer pública a súa opinión.
O señor premiado asinou unha crónica do desprecio que lle merece o papel do representante elexido "pseudo-democráticamente" e, polo tanto, os votantes do seu partido censal (os que lle votaron a ese deputado e os que non) como cidadans libres para toma-las súas decisións e facer os seus xuizos.
Un "diputado raso", con "aires de facerse notar" "revela"... O periodista que serve ós intereses que os seus patrons lle indican e a un mounstro chamado 'audiencia' que, como conxunto de humanos, é predecible e maleable tenta facer ver que os reperesentantes que os cidadans eleximos non valen nada sen o eco mediático de prestixio que só eles, os deuses do comentario, lle poden dar.
Faga sitio señor Pereiro que este señor ten mais galons, sorte ten, que non sendo galego non lle reclamará o posto que ocupa á cabeza do periodismo galego, ¿ou non?.

A orde alterable

OUUUUuuuu... Nunha proba deportiva na que participei recentemente atopei un folleto de recollida de sinaturas para apoiar unha reforma lexislativa que permita a cadea perpetua nos casos de homicidios pederástas vencellada a un coñecido e desgraciado caso no que a xustiza ten mostrado a súa faciana mais burocrática e alienante.

Mais eu tento facer unha reflexión algo mais que 'en quente' e veño a darlle voltas a que instituir a cadea perpetua é alterar esencialmente os principios que a constitución enúncia sobre o sistema xudicial e penitenciario cuia finalidade é xulgar feitos, condear ós culpables con penas proporcionais á gravidade dos mesmos e a súa intencionalidade e conqueri-la reinserción/recuperación dos individuos para o ben da sociedade.

Entón; ¿hai que facer unha reforma constitucional?; e si esta reforma é lexítima polo alienante da situación que fai que persoas que cometen crimes horrendos poidan sair de prisión ó cabo duns anos... ¿porqué non dicir que mentras eses crimes non cesen non se pode face-la reforma?

Os grandes partidos queren "conducir" á sociedade no canto de estaren atentos a cara onde tira... nin os partidos centrípetos nen os centrífugos se decatan de que a situación da sociedade ven sendo tal que o debate non se debe centrar na territorialidade do marco de decisións senon na transferencia verdadeira do poder de decidir cara ós grupos de ciudadans que se ven afectados por elas.

O marco legal debe ser estable mais non inamobible e a "inseguridade xurídica" das empresas danos risa ós cidadans que vemos como o goberno SI xera inseguridade remodelando sistemas de pensions e seguridade social, sistemas de contratación de tarifas eléctricas ou de telecomunicacions, sistemas de pago de impostos e valoración de bens...sen que saian os defensores da "seguridade xurídica" a dicir: "eh!, que fai 10 anos que lles dixemos que esta tarifa, esta desgravación ou este sistema teñen o aval do estado".

Non vou pois a aceptar que os "representantes" modifiquen o marco lexislativo a petición dunha cantidade de xente 'X' sen pasar por unha consulta a tod@s por moi xusta que me semelle a iniciativa (ainda que coido que deben existir outras alternativas á cadea perpetua) como non me gustaría que a organización territorial do estado se modificara sen unha consulta ás poboacions dos territorios que pensan, coitados, que son unha "unidade de destino no universal" e que el@s sós se gobernarían mellor...

Oportuna xogada... Bidart II

OUUUUuuuu... Diredes que son un paranóico; mais a miña asesora tamén pensa coma min. Xa non fai falla ir ó cinema nin para ver películas ben argumentadas; abonda con encede-la televisión.

Unha cadea de atentados con victimas no medio dun debate sobre a estructura do estado, a ruptura dentro do principal partido da oposición, as discrepancias sobre a solidaridade na financiación entre territorios... E ven "papá estado" (socialista) ó rescate dando un "Bidart 2" (o retorno).

Si, soa a paranoia porque non semella ter un obxetivo concreto... ¿que obxetivo poden ter a morte e o medo?. Víndeme axudar que non vexo.

Pode que se tratase só de que as fontes de información das forzas do estado quedaran descubertas e por elo os atentados chegaban a producirse e, postos contra as cordas, os responsables decidiran que era millor ariscar un golpe así; detendo ó lider dunha organización que ten demostrado ser como a hidra da mitoloxía clásica, que seguir encaixando mortes sen sentido.

Agora pois haberá unha "tregua de reorganización" e logo ¿que?... 40 anos de conflicto só teñen servido para que sexan as ideas as perseguidas porque ámbolos sectores teñen acadado identifica-las ideas dos outros cos actos dos seus extremistas.

Convocatorias xa.

OUUUUuuuu... A enemigo que fuxe: Ponte de prata.

Fai un tempo que se está a maquirnar a cerca dun posible adianto do calendario electoral galego. Dada a situación interna da forza política dominante no pais non sería de estranar que desta mancadura tentase sacar proveito que agora ten a potestade de convoca-los comicios. A min non me semella que moito se trabuquen, por elo coido coherente dar o paso de aprobar unha proposta para o voto CERA e envíala a Madrid sen garantir que se manterá aló a posisción que aquí se ten.

Dende logo, preferíria un adianto dos cómicos a esta situación de "maioría de feito"; porque ZP nestes intres ten mais problemas cos medios de comunicación que non maquillan a situación verdadeira de grandes beneficios da banca mentras se laian dunha crise que só deixa parados e pisos sen vender. O sr. Rajoy dabondo ten con "sorber e soprar a un tempo" nesa versión gore-friki da democracia que practican no seu partido; coitado, a min lémbrame ó Suarez do 1981...

O endiosamento do P$o€ é tal que ata recoñecen a hipocresía do seu lider nas ofertas de dialogo; e por riba veñen os energúmenos das pistolas e as bombas para darlle-la razón. ¿Como faceren algo constructivo nun entorno tan hostil?; hai moita distancia á PAZ e, malia que sosteño que a negociación dos principios democráticos non debe ter que ver coa violencia senon coa vontade de negociar, é moi difícil que nun entorno tan alterado se poda nen tomar un café e falar do tempo.

En Galicia configúranse as "alianzas naturais" que poden traer un partido 'galego' de ideoloxía conservadora (centrista disque) o que aportará equilibrio ó panorama pois fronte a un só partido conservador centripeto había unha opción progresista (alguns chámalle esquerda sen chegar a bermella) centrípeta e outra centrífuga; outra cousa é como se introduza esta nova forza no entramado de "te doy me das" do mundo caciquil e nas mais complexas relacions das zonas suburbanas e urbanas do país.

Criticas e notas ás "táboas do laicismo"

OUUUUuuuu... Chucei a nova mais non tiña espazo nin tempo de facer un comentario mais polo miudo así que aproveito que neste sitio aínda me publican o que escribo.

No díario "Público" resumen en 10 'mandamentos' o modelo de laicidade que defenden para a sociedade; eu que son de natural inconformista vexolle alguns detalles que lonxe de darlle forza ós argumentos os debilitan por caeren nunha especie de "catolicofobia" que non é precisa para acadar a verdadeira separación do sistema politico-administrativo da sociedade e a metafísica de calquer relixión.

O 1º e 2º "mandamentos" son en realidade os mesmos e tentan fundamentar unha educación libre de influenzas relixiosas coa que en xeral concordo mais esquece que moitos pais apuntan ós seus fillos en escolas relixiosas non pola relixión senon porque ó seren privadas ofrecen unha "cobertura" que axuda a concilia-la vida laboral e familiar; logo a solución debera vir da man de que o ensino público 'compita' en igualdade nesas "coberturas"... xa sei que a escola non é unha gardería, mais se os pais non teñen con quen deixaren ós fillos... Concordo co argumento das horas lectivas, ningunha asignatura sobre ética, moral, comportamento cívico, valores e/ou deberes e dereitos debera ocupar tanto tempo mais sí que debera existir unha asingatura dese tipo nos niveis obrigatorios.
Sobor diste tema de educación e relixión quero aportar un argumento i é que o simple feito de que uns pais se teñan que manifestar sobre si os seu fill@ vai a relixión (católica) ou "estudio" (que risa de nome) xa é unha violación da súa privacidade pois obriga a manifestar unha adscripción relixiosa; imaxinemos que hai unha asignatura que se chame "Bloque nacionalista" a súa elección ou rexeitamento obriga a facer unha manifestación pública da posible adscripción política dos pais ¿non?.

O exemplo elexido para falar da imposición dos símbolos relixiosos á administración é pouco afortunado porque é doado de atacar: A persoa finada tiña unha confesión relixiosa e os funerais sexan do tipo que sexan sempre os preside o oficiante da relixión que practicaba o finado e senon lembremos o funeral de lady Di. Era moito mais sinxelo insistir en saber qué pinta un crucifixo na mesa de toma de posesión dos cargos políticos de máximo nivel da administración ou que fai un relixioso (católico ou de calquer outra 'secta') "bendecindo" obras de financiamento público. Este tipo de "destete" é o que precisa a socieade sen caeren en prohibicionismos que propicien victimismo dos que verdadeiramente obteñen privilexios desta situación.

Eu defendo a presenza dos dispositivos de seguranza en tódolos actos públicos que impliquen concentración de persoas e a colaboración das autoridades administrativas na organización de eventos do tipo que seña (carreiras populares, procesions etc.) que impliquen a moitas persoas. A utilización de gaitas e farrapos (himnos e bandeiras) non me preocupa porque nin mato nin morro por elas e non me simbolizan nin representan. O problema da "semana santa" é que realmente significa unha fonte de ingresos para moita xente (moitos deles auténticos fariseos) e impulsan a economía de lugares moi concretos pois mobilizan a moita xente en parte non polos actos en sí mesmos senon polos días de descanso que se lle asocian; mais o certo é que a propia natureza dos actos e a data de celebración (seguindo o calendario lunar) demostran o vinculado que está o rito católico coas manifestacions que dí rexeitar como o animismo, o culto solar/lunar etc. Hai pois unha 'Chantaxe' económico-social que favorece a esta manifestación da relixión católica; o único que se pode facer é iren progresando na limitación do seu impacto no calendario disminuindo o número de días festivos nesas datas de xeito progresivo e facendo que a "semana branca" do calendario escolar NON coincida nas inmediacions da semana santa senon fixandoa no xusto medio entre o remate da segunda avaliación e a terceira cadre como cadre a semana santa de xeito que ámbalas avaliacions teñan o mesmo número de días lectivos e non coma este ano... Tamén haberá que manter un xusto pulso entre a conservación do patrimonio artístico e o financiamento de iniciativas sociais e a "entrega de cartos" para o sostemento das cofradías e outro tipo de organizacions con fins exlcusivamente relixiosos e poño como exemplo o "museo das cofradías" de Ponferrada financiado cos cartos públicos e que non soe estar aberto mais ca na dita semana santa e, coido, serve de "almacén" de 'pasos' e pouco mais.

A presenza de relixiosos católicos no exercito... Poder e poder igual a PODER. A min dame mais noxo ver que na asistencia sanitaria pública (porque na privada polo carallo lle pagan nómina ó relixioso) se lle paga nómina con guardias e todo a relixiosos dunha confesión que logo, segundo seña a súa actitude individual, póñenlle pegas a canto 'servizo' se lles debe solicitar para un doente. É un tema difícil de solucionar porque, efectivamente, hai unha maioría de católicos na sociedade mais ¿xustifica eso o financiamento das prácticas doctrinais nos centros públicos?; eu vexo incoherencias flagrantes; seica se argue que hai que dar consolo (relixioso) ós enfermos e axudar ós moribundos... sen entrar en debates sobre o "bó morrer" ou sobre a incorporación obrigatoria de relixiosos desa confesión ós comités de bioética onde poden acceder ós datos sanitarios dos doentes, eu pregúntome ¿porque non un 'servizo' de baptizo nos hospitais?.

Nin que decir ten que a min o do patrimonio me indigna bastante mais tamén me crea inquedanza porque a figura das "desamortizacions" faime un dano tremendo; vexo mais razoable faceren "contratos de cesión" nos que se garanta o uso para os ritos relixiosos en momentos puntuais segundo o calendario local e que o resto do tempo os edificios en cuestión señan responsabilidade das administracions que se encarguen da súa conservación e de decidiren en cada caso usos e tarifas de acceso. Mais dificultades ofrecen os fondos bibliográficos, auténticos tesouros para estudar a enorme parte da realidade que a relixión católica significou na historia e que non se pode deixar estragar.

Sobre a apostasía e a lei de datos ¿debo engadir mais?...

Do tema do emprego dos medios públicos para a tranmisión de actos relixiosos só vou a argumentar que cando "libertad digital" (ou a emisora de TDT que pentence á conferencia episcopal) emita en todo o estado xa non terá sentido que se ocupe espazo público para tales fines pois a igrexa católica disporá na televisión da súa propia canle como xa ten (e varias) na radio. Outro tema será ¿que facemos co resto?; ¿hai que dárlle pábulo á difusión de confesions relixiosas e ós seus actos litúrxicos nos medios públicos? Si se trata de algo fundamental para o respeto á liberdade relixiosa ¿entón porqué non obrigatorio para tódolos medios?...

Vencellado co anterior está o tema do financiamento; a igrexa católica é a única que ten unha ficha para que o estado lle entregue parte dos cartos da recadación do IRPF que lle queiran adicar os seus practicantes; isto volta a redundar no argumento xa sinalado da "proba de confesión" que é que hai sinalar ou non a adscripción a un rito relixioso. Mais, abondando nelo, ¿porqué as 'outras' non?.

Crise? e o nacionalismo enerxético

OUUUUuuuu... Como caseque todo o mundo nestes días de maio tiven a impresión que o da crise é algo que debe afectar ó mundo financieiro e disminui-las perspectivas de beneficio dos poderosos porque o que é á xente non semella afectarlle moito polo de agora nin a crise financieira, nen o alto prezo do gasoil, nen a suba dos alimentos, semella que nin o troco climático.

Claro que eu só podo afirmar que había moita xente de turismo nun lugar concreto que ben merece ser visitado e que, polo da agora, non semella ter prezos á altura de outras zonas de turismo consolidadas. Serán as estatisticas do consumo familiar as que lles digan ós economistas a súa verdade, mais vendo as rúas cheas de xente, os coches e as terrazas un pensaría que a crise é noutro sitio.

Si que debeu ser noutro sitio onde as agrupacions que pedían que a enerxía electrica tivese en conta na súa tarificación a distancia á fonte de producción e os gastos de rede ou que os centros de producción pagasen os seus impostos no territorio onde realizan a súa actividade e, polo tanto, xeran os seus impactos; si que debeu ser digo outro sitio onde esas agrupacions de persoas eran "Nacionalistas" e a prensa os perseguía por plantexamentos "insolidadrios" porque agora todo eso semella moi racional polo menos eiquí no bierzo.

Xa non falo da anecdota do noso "abuelo cebolleta" sobre que sobra auga e que habería que impedir que o Sil marchase do bierzo con tanta sen aproveitar ou a outra dicindo que no bierzo as empresas que se implantasen deberan ter enerxía "casi gratis"; senon que, incluso, o PP se apunta a unha rebaixa do 15% do prezo da electricidade, iso sí; só para empresas e só para algunhas que resulten de alto valor tecnolóxico. Así pois a reviravolta queda enmascarada polo paso do tamiz ideolóxico concentrando nas empresas o argumento dos custes da distancia ós centros productivos e deixandonos @s cidadans de a pé coa "igualdade" de ter mais ou menos recursos segundo si a empresa que emite CO2 ó lado da casa paga os impostos en Madrid ou en ... onde seña.

Oportunismos patéticos

OUUUUuuuu... Está moi ben que os partidos políticos fagan pública polos medios que podan as súas posicions respecto ós acontecementos e situacions que preocupan á cidadanía do seu ámbito de actuación en xeral e tamén sobre os temas de política internacional. Mais aínda si se trata de formacions "centrífugas" acusadas sempre de ter unha visión limitada ás súas reivindicacions mais ben "aldeanas" e ó salaio contínuo para que se lles aporten solucions (pensions, subvencions, obras...).

O partido do Bierzo ten algunha xente nova na súa directiva e nótaselle; é xente que percura manterse no faladoiro público co traballo escuro que significa non ter acadado nengún posto representativo nos ámbitos electorais ós que acudiu. Mais en troques de se centrar nas súas propostas de goberno e na reivindicación dun marco DEMOCRATICO e participativo para toda a sociedade seguen coa táctica aprendida do seu fundador de efectuaren golpes pequenos de impacto mais ben local; claro que con semellante mestre o erro non podía tardar.

Opinar sobre a política internacional non se fai dende a nada, os gobernos, os partidos e as sociedades deben adaptarse ós trocos si estes se producen mais ¿como explicar un troco de actitude sen que existise un troco de circunstáncias?... Iso é o que pasa agora coa campaña "Tibet-Bierzo".

China segue a ser a mesma dende o punto de vista político que a de 1991 ou a de hai 8 anos... ¿algunha campaña contra a concesión dos xogos olímpicos?, ¿algunha nota de prensa?. Agora corre prisa e, sen pensar, imos á piscina que encheron outros. Sego a preguntarme ¿de onde saen os cartos dos tibetanos? Inestabilizar a China e as súas relacions coa UE pode interesar a alguén mais o importánte non é tanto no participaren en "guerras de outros " senon a coherencia e sabermos distinguir a política das outras actividades humanas.

Dos erros é de donde se aprende.

Libro, Loito.

No día do común(Hero) sego vivo e nesta guerra que libro; combato contra os enemigos internos das sensacións i externos dos desalentos, enfrentado coa ligua bí-filar que curta mais ca comunica; enrrevesada maraña buro-xudiciaria da in-clemencia. Inasequible ó esgotamento de loito no me cubro, loito; facéndome o hipócrita sueco, ignorandome cando tropezo, empuxando tras cada treino.

Os malabaristas do coitelo xulgan as miñas verbas co calibre da súa norma o que dín non lles ten conta, só interesa a súa forma.

A vida florece nas puntas das prantas verdes, a morte enseñorea os pasillos e as aldeas. Soidade victoriosa na festa solidaria; mal pan de hoxe da fame do mañan.

Sego, pois fendendo na fenda sen fenderme a testa de odio ou tristura, que non hai cousa mais fea que a amargura nen mais triste que non ter senda.

A paz e a herdanza ben merecen unhas liñas

OUUUUuuuu... Voltara eu ó plano de deixar pasar estes días de Abril sen facer crónica das celebracions pasadas que pouco poden aportar por sí mesmas ó futuro mais dous feitos me retiveron a mente onte mentres daba voltas na piscina.

Unha ten que ver co tema que a maioría da xente celebra hoxe: O día da terra. A herdanza que recibimos...
non, que tomamos como nosa cando a atopamos como os demais. Pode que noutras épocas as prantas e antes ainda as bacterias fosen responsables de grandes trocos no seu medioambiente, trocos que levaron a grandes extincions e a movementos evolutivos dos que, sen dúbida, somos tributarios mais; coido, ata o de agora, NUNCA unha sola especie fora quen de alterar tanto a face da terra como para afecta-lo equilibrio climático, á totalidade do resto das especies e facelo dun xeito tan súpeto que non permite a actuación dos mecanismos tradicionais da adaptación biolóxica vía variantes xenéticas que podan ter vantaxe das novas condicions senon que son os propios seres vivos os que adaptan as súas conductas ó novo medio e son esas adaptacions conductuais as que poden ter (terán) efectos evolutivos.

O certo é que o problema non é "visionado" a escala global polos cidadans de a pé e cada quen pensa que son 'os outros' os que non fan nada para evita-lo grave problema do deterioro medioambiental. Así cada un seguimos a ter cadanseu coche, o consumo de recursos non diminue e, en xeral, incrementamo-la nosa pegada ecolóxica mentras criticamos ós cidadans de China ou a India por querer acadaren o mesmo grao de 'desenrolo'... e pobre da iniciativa política que sosteña o contrario. Temos pois un problema ético de primeira magnitude no que TOD@S somos responsables na medida na que non esiximos unha actuación conxunta da sociedade non só contra a emisión de gases (centro agora da polémica polo negocio que representa para os poderosos) senon contra todo un xeito de entenderen o desenrolo como algo que chega, o usamos e o tiramos sen ter vista para mais.

A OUTRA
ten que ver co conquerido polo señor Carter no semieterno conflito do oriente medio e do como o conqueriu. Mentras segue a haberen xente empecinada en non queren falar co contrario e en non recoñecerlo como lexítimo defensor dos seus intereses o señor Carter colleu o conflito polos bemoles e foi falar coas partes para conquerir algún avance dentro do enunciado. Que as partes se recoñezan, que recoñezan o conflito e a súa natureza e que recoñezan que o mantemento da situación e as medidas represivas-violentas non van acada-la solución como todos estes anos veñen demostrando.

Non teño mais esperanza que antes porque unha das partes segue (apoiada polos seus aliados incondicionais) empecinada en NON recoñecer á outra parte mais si albisco algunha novidade. Hai moitos centros de estudos estratéxicos internacionais e nacionais adicados a análise destas cuestions como para que un simples leitor de prensa poda dar unha opinión mellor. O IGADI e o Instituto Elcano vos orientarán.

15 días de Abril

OUUUUuuuu... Tiña eu dúas opcions para estes días de intenso mirar atrás e xa me decidira por unha: O mutismo. Mais os acontecementos sempre son un motivo para o troco e xa os discursos da pasada semana na carreira de San Xerome me fixeran pensar que non ia poder pasa-la quincena en branco. Mais o decisivo veu, como non podía ser doutro xeito, pola vía consaguinea pois non somos mais ca un fato de xenes autoreplicantes e as nosas medio copias constituen a nosa principal flaqueza Así, ó repasaren as leccions correspondentes a esta semana da asinatura de "coñecemento do medio" do meu amigo pequeno (10a) me atopei dicindo:"falso", "incorrecto", "mentira", "iso é o que queren que penses"··· e tiven que deixar que fose a compañeira a que seguise que non fora ser que suspenderan ó cativo por dicir que:
  • España é un estado democrático: Dubido delo por seren a cabeza do estado herdanza, por que os representantes electos non están ó dispor dos votantes, polo escurantismo na confección das listas, pola falla de proporcionalidade do sistema electoral...
  • Se poden expresa-las ideas: Falso; calquera fala mal da monarquía ou de persoas con poder.
  • Os cidadans temos os mesmos dereitos e deberes: Menos os membros da familia real, os deputados e representantes autonómicos, os xuices, os altos mandos militares...
  • Un partido politico é unha agrupación de que defenden as mesmas ideas sobre a forma de gobernar: Non, "Un grupo de individuos dirixidos por uns cantos que teñen as mesmas ideas sobre a forma de se forrar"
  • Os partidos; redactan un programa para explicar as súas ideas. Nada mais lonxe da realidade; redactan un programa para enganar ós votantes que non o teñan claro xa.
  • Elecciones: O partido que obtien a maioria dos votos forma o goberno e o resto dos partidos elexidos constitue a oposición. ¿como?; Xa estamos coa leria da 'maioría natural'.
O único co que concordo do que dí e que: "Os partidos designan ós seus candidatos"... pois é verdade, os designan como antes deus designaba ós nobres. Sorte que él é un espiritu libre e xa distingue un pouco canto hai de certo e de 'medio certo' no que lle dín. 15 días de Abril que corren entre o nacemento dunha esperanza (II Republica) e o remate dunha aventura (Revolución de 1846); nos que celebramos revolucions que fracasaron no triunfo (25 de Abril) e lembramos accidentes que NUNCA deberan voltar a suceder (Chernobyl)... Contradictoriamente o sainte ministro Caldera dixo dende o púlpito das súas excelencias que " a sociedade troca... a nosa constitución (30 anos xa) segue vixente". A ver como se come eso.

Unha de outro

Un dos compañeiros de Otra Democracia es Posible segue a barullar no tema da DEMOCRACIA dentro do movemento "más democracia" e difundiu vía lista de correo dun movemento supostamente prodemocratica a convocatoria dun seminario sobre a iniciativa ciudadana europea (á que vos convido a apoiar) a reacción do resto da lista ben fundamentada no que respecta ó tratarse dunha proposta "fora de tema" demostrou como tantas outras veces os execivos dogmatismos nos que viven mergullados as persoas que, cecais debido á actividade política, se teñen polos únicos visionarios do que se debe facer.

A seguir a resposta do amigo que me representa nalgunha medida.

Creo sinceramente que hablamos de la misma democracia, yo la llamo radical, como algunos ideológos comunistas o excomunistas que he leído, o también participativa en un estadio intermedio, entonces, y quizá sólo diferimos quizá en los medios para lograrla. Durante mucho tiempo pensé, como creo que haces tú aunque no lo digas, que sólo mediante la revolución, desde fuera del sistema, podría llevarse a cabo. Esa es, a día de hoy, como bien dices con el esfuerzo mediático en contra (el régimen ha sustituido la fuerza por el engaño) una utopía. Pero tras la experiencia simpática troyana de llenar las mesas electorales con logotipos de manos metiendo el voto en wc's, sobre todo por las reacciones del personal, no es que cambiase de opinión, simplemente me abrí a actuaciones a corto y medio plazo. Por un lado está la opción de generar ruido en el sistema, por otra, rascar en sus instituciones, en su impecable (eso creen ellos) entramado para sacarles la cascarilla. Vaya usté a saber, quizá también por ese camino se consiga de alguna forma el objetivo final, y esta es otra utopía. La diferencia es que con esta segunda algo cae en el camino, migajas, pero menos da una piedra.. Una "democracia" con las libertades políticas venezolanas o suizas es, desde luego, infinitamente preferible a la española, mi dignidad y mi orgullo obrero me las guardo para luego, no me importa hacer el payaso en una lista electoral si sirve para difundir a los cuatro vientos que el emperador está desnudo.

No pretendo por tanto engañar a nadie, estaría bueno. Aún tengo ataques de llanto cuando releo acerca del 31, de las ilusiones de los maestros, de toda la sociedad. Pero vuelvo al ejemplo venezolano ¿por qué esa república no nos vale? Durante la iniciativa popular a la revocación del presidente, toma ya, y creo que la tienen para todos los cargos electos, había que ver las fintas de los desinformadores pidiendo que el pueblo le echase pero pasando de perfil en la forma, en la imposibilidad para el pueblo de España y de casi todo el resto del mundo de disponer de esa libertad. ¿Cuánto hubiera durado el Áznar de la guerra si dispusiésemos de ella? Los cuatro gatos que andamos en estas movidas nos hartamos de difundirlo, en vano, aún hoy resulta inútil, supongo que todo el mundo estaba y está muy ocupado en sus diseños de sociedades utópicas incompatibles con la M30. Pues bien, la M30, el trabajo basura, y ahora, agárrense, la petición por los bancos de nuevos avales si la vivienda baja del 20%, esas cosas existen y seguirán creciendo mientras nos empeñemos en dar golpes no ya en la puerta equivocada, simplemente en una puerta a la que no tenemos acceso desde el lugar en el que estamos.


Hoxe "Embisten" ó novo goberno estatal, os debatiños centrifugos e a racañeria centrípeta seguen a dar mágoa, mais agora que Zapiavelo renunciou á negociación por medo a que se rompa o chan baixo os seus pés.

Non hai autocrítica

Ou vergoña.

Uns concédelle os XXOO a unha "dictadura neo liberal" mais capitalista que o propio capital sen ollar para o tema dos dereitos humans e os outros agardan ós derradeiros meses para escomenzar unha anti-deportiva campaña contra o deporte (mezclado con cartos mais deporte) e adícanse a reventar o acontecemento de xeito global. Eu pregúntome ¿de onde sacan os cartos para estaren en todas partes?, ¿quen lles paga a defensa xurídica en tantos paises?... Unha rede solidaria desas dimensions i eficacia debera ter como primeiro obxectivo "acabar con la paz mundial".

Na outra banda temos a uns sindicatos de servicios publicos que convocan unha folga cunhas reivindicacions mais tamén cunha promesa: Non asinar sen o acordo da maioría. Eu que me vin forzado dúas veces (unha delas por 1 voto) a sentarme na mesa de negociación souben que isas negativas dos traballadores non restaban senon que lle daban forza ós representantes; mais neste caso a forza foíselles pola boca...do ministro. Foi o ministro o que forzou a desconvocatoria da folga sen referendum ós traballadores; todo tan ben articulado que ata dá que pensar senon sería un pouco de montaxe para colar algun dos puntos acadados (a miña conselleira dí que o da adaptación á informática -que ela detesta-) o certo é que se lles viu bastante o percal a todos eses proto-democratas.

Deputado obre@

OUUUUuuuu... Así que as deputadas están discriminadas porque non poden pedi-la baixa maternal e no existe a conciliación laboral e familiar. Pois o "empresario" que somos tod@s terá que por os medios ó mesmo tempo que pon os medios para poder rescindirllelos contratos antes do seu remate ós que non cumpran co seu traballo.

Claro que lles deben permitir votar uns por outros, ou dende a casa, ou avisalos nos bares dos arredores da carreira de san xerome como ós ingleses... Para iso sí son traballadores, para rendir contas son "electos" e só cada catro anos.

Se teñen un estatuto xuridico especial algun inconvinte se ten que ter. Se unha deputada quere ter fillos igual nesa lexislatura non se debera presentar... ou se cadra debera facelo constar, ou tamén podería ser sustituida temporalmente polo primeiro suplente da súa lista electoral (ou polo seguinte mais votado da lista se se fixeran abertas).

O que quero dicir é que o plantexamento debe ser mais amplo; non só recabar dereitos para os representantes senon tamén para @s representados.

Adorando ó becerro de ouro

OUUUUuuuu... Nestes días de fundamentalismos e acusacions non está de mais sinalar sen medo e sen ira quen é verdadeiramente irracional nos seus comportamentos e que se sirve da irracionalidade dos outros para vivir.

Efectivamente o sector da hostelería non pode descreer da relixión católica por moi irracional e fundamentalista que lle semelle a súa fachenda e por moi hipócrita que lle semelle ver á xente facer cousas que, cando son os seguidores de outras relixions quenes o fan, cualifican de 'tolerías' i extremismo. Nen os mesmos "curritos" podemos facer mais 'obxección' a este festexo do calendario lunar que ofrecernos para traballar ós moitos que non lles importa esta incongruencia con tal de poderen viaxar ou cando menos descansar uns días.

I nelo estou; percurando poder traballar e que pasen rápido estes días tan hipócritas que ata os ultraliberais os empregan para agradece-la intervención dese estado ó que detestan e que eses impostos dos que renegan eviten a quebra dos propietarios de estafadores que se viron estafados pola dinámica dunha economia -a financieira- que basea na especulación a creación de riqueza e cuio maior producto é o diferencial de tipo de interés que foi, seica, o que permitiu que en EEUU existise unha burbulla inmobiliaria que daba un interes do 5-6% a cartos que foran pedidos prestados no Xapón ó 0%.

Era bó que agora os adalides da rebaixa de impostos explicaran de donde se poden saca-los cartos para conxuga-las perdas das entidades financieiras que hai que salvar para evita-lo efecto 'dominó' sobre o sistema. E sería aínda mellor que explicaran porqué o sistema financieiro merece ser salvado da quebra á que é levado polas súas ineficiencias de mercado xustamente cos cartos que eles negan que se deban recadar para evita-la quebra das politicas sociais que eles cualifican de ineficientes.

Como troca o conto cando é o rico ó que "pilla o touro" da crise e queda co cú ó aire cando él pensara que tiña os cartos seguros para o seu disfrute sen ter que "alimentar a esa pandilla de vagos"... Agora QUE COMAN OS PISOS CON SAL E PEMENTA que dentro de pouco as tímidas rebaixas (ou non tanto que seica chegan ó 30%) serán saldo.

A mesma mensaxe para todos aqueles que, coidando facerse de ouro en 3 días, elexiron traballar sen soldo nen cotización porque así "todo el beneficio es para mí" que agora veñen pedindo axudas e condonacions de débedas, o único que lamento é que o tipo de xuro non subirá mais porque un diferencial grande cos EEUU no interesa que si non...

En Yankeelandia saben que a cousa pinta moi negra, o congreso reuniuse a porta pechada por primeira vez en 35 anos e a reserva federal botou man de prerrogativas que non empregaba dende a 'grande crise' de 1929 para o asunto do banco de investimentos ese que o Venres valía 1300 millons de $ e o Luns foi vendido por menos de 250.

Remate i explicación

OUUUUuuuu... Como veu, marchou. A misteriosa avalancha de visitas rematou o 10 de Marzo.


Supoño que tiña que ver co vídeo do tubo mais o curioso é que a maioría das visitas se dirixían a unha páxina do ano 2005 e non á páxina actual...


Bueno, pois benvidos @s de sempre e ata outra ós de paso.

Os deuses do comentario

OUUUUuuuu... Onte á noitiña de camiño de leva-la moza ó traballo escoitei na galega (a crónica Martes 10/03/2008 sobre as 21:55) un dos tantos balanzos sobre as eleccions nos que persoeiros que se coidan non só en posesión da VERDADE senon tamén que coidan que son os únicos que poden facer ouvir a súa opinión sen que se lles poda replicar veu a dicir que él na noite electoral apreciou a inutilidade do sistema de "listas abertas" porque, como se ve no reconto do senado, ¡¡¡retrasa que os resultados se coñezan!!!. Así, segundo Pereiro (é o que a indignación me permitiu entender do nome deste novo DEUS) coida que o importante non é a capacidade dos cidadans de elexir verdadeiramente ós seus representantes senon que o que importa é a inmediatez (e a invariabilidade, engado) do resultado.

Non importan as irregularidades, nin os colexios electorais non accesibles ás persoas con disfuncions ou simplesmente vellas, nin a desaparición de papeletas, nin o tratamento de "minoritarios" que se fai da maioría das opcions políticas; o que realmente importa o día dunhas eleccions é que se poda ir a xente cedo para a cama coñecendo o resultado da representación.

Mal lle pode ir á DEMOCRACIA si persoas que teñen altofalantes dende os medios públicos se adican a parangonar sistemas electorais antidemocráticos como as listas pechadas e os recontos 'flash'; logo nos viran co "boto" electrónico e por internet para poder dar resultados instantaneos.

Por certo, esquecíame puntualizar que os RESULTADOS aínda non se coñecen pois quedan os CERAvotos por computar e, sempre, dan choio ós periodistas...

E D'hont fixo o resto

OUUUUuuuu... Novamente fomos a botar (polo menos eu que sempre que o presidente de mesa dí "vota" dou un saltiño). Mais como veño teimando nos derradeiros tempos o grande gañador da campaña e, polo tanto, dos cómicos -si volto a por cómicos- foi o BIPOLARISMO-escañado. Fíxome gracia o sr. Blanco falando de "pluralidade social" cando estaba a dicir que o 90% dos escanos o reparten duas opcions; semellaralle que ainda hai demasiados partidos.

O certo é que o "BI" está instalado na consciencia colectiva e que aínda vai a ir avanzando; porque ó gañador técnico desta xeira non lle queda mais remedio que pactar e ó opositor só lle queda a estratexia do desgaste desa necesidade de pactar e a crítica feroz do pacto en sí mesmo. E todo pola teima que temos de pensar que si o noso voto -o persoal- non acada reflexo nun representante, non ten valor. Como si o representante acadado o puidesemos vixiar, obrigar, ameazar coa reitrada do apoio; bueno, como si realmente fose representante e non unha persoa que colle un 'acta' e fai o que lle peta nos vindeiros catro anos. Como dixo a miña compañeira; como no futbol ¿que fai tanta xente de Ponferrada sendo do Madrid ou do Barça?: Sentirse representado e coidar que ten oportunidade de que quen o representa acade éxito.

Unha teima infantil na nosa consciencia nos impide votar con ela e un artificio matemático axudado polo cercenamento das que son 'verdadeiramente' as forzas minoritarias (as que non acadan a porcentaxe precisa para entrar no reparto) fai o resto e desta volta fixoo a prol do P$O€ que transformou menos de 4% de vantaxe en votos nun 5% de escanos.

Ó BNg semella que non lle foi tan mal; mais si se miran de perto os resultados a perda de votos nas cidades -futuro demografico á alza- agás en Compostela se viu compensada por un cremento moderado nos núcleos medianos e pequenos que, demograficamente, teñen menos 'percorrido'.

Ainda eu "Fedeguico" se frote as mans o certo é que ERC baixou pola abstención dos seus votantes e que os 'seus' escanos os acadan PSC, CiU e PP ainda que estes dous últimos perden votos... Coido que mais chasco levaria Citadans que non viu reflexado nas xerais o acadado nas autonómicas.

Rosa Diez acadou seguir vivindo da política 4 anos mais e, con elo, a pensión vitalicia. Fixo "pupa"?? xa se verá si a fai como deputada.

A democracia manipulada

OUUUUuuuu...Tentando aclararme respecto da video pregunta a ZP e do troco de condicions que se fixo respecto delo iso sí todo con moita simpatía e bó rollo...
Estimado Kandpalleiro:

Al principio sólo se permitía enviar una pregunta por usuario, pero después decidimos permitir que enviárais tantas como queráis.(só que esqueceron comentalo, foi un feito consumado cando se percataron que o mesmo tío facía varias preguntas con varias contas no seu mesianico afán por 'salvarnos' democraticamente a tod@s)

Lo de dar la cara o no ya es una decisión personal que estamos seguros el público valorará a la hora de votar.

Agradecemos mucho tu interés.

Un cordial saludo,

el equipo de Medios Interactivos de RTVE
O certo é que o meu vídeo se pode ver mais, malía que non teño bloqueadas as opcions de comentarios, xa non se pode comentar e; seica, non sae na relación dos videos ofrecidos para votar.

Eu quixen respostar ata 3 veces á derradeira pregunta de Txarrena2000 mais en ninguna ocasión o meu cometario foi engadido...
19/02/2008
Hola; van 3 veces que posteo resposta na túa mensaxe mais non sei porque non sae.
Tes información oficial nesta web:http://europa.eu/lisbon_treaty/index_es.htm

E información critica en:http://www.tratadolisboa.blogspot.com/

Eu o que critico é que un tratado con esas implicacions e no que contraemos obrigas para nós e os nosos fill@s non sexa aprobado por referendum.
De tódolos xeitos só tiña que teclear "Tratado de Lisboa" e calquer percurador o levaría á páxina oficial do tratado.

O tema é que ¿que se pode esperar dun sistema no que ata a mais mínima manifestación de "libertade de expresión" é manipulada deste xeito?. Os rumores de 'pucherazo' ó redor das eleccions de 2004 foron por mor dun feito realmente traumático, os de 2008 o serán pola manipulación dos medios.

¿foi un erro participar nunha cousa así?; non, era o único que me quedaba e os 10700 visionados e 12 votos positivos son un balanzo mais que axeitado; mágoa non percatarme que se trataba dun concurso de estética ou de orixinalidade se cadra tería feito outra cousa; mais eu, coitado, pensaba que se trataba dunha ocasión seria de facer "democracia participativa", que tamén que denominación mais contradictoria; ¿non?, porque si é DEMOCRACIA, non precisa de mais 'participación' pois no "goberno de tod@s" xa participamos tod@s. Bueno, o caso é que o própio sistema mostrou as súas eivas no aspecto mais crítico dun sistema político.

A partires da publicación deste Post temo-la única ocasión de trocaren VERDADEIRAMENTE isto coa única arma masiva mais non destructiva: O VOTO

Tristura, vergoña e rabia

OUUUUuuuu...Non puido ser. Outra volta a pantomima da votación vese entorpecida pola tolemia dos cobardes. Outra volta 200 vidas ou unha ¿que mais ten? segada(s) por non se sabe ben que crime ou en nome de qué patria ou por mor de qué dignidade ou en virtude de non se sabe qué concesions que non se queren facer...

Mais a parodia lonxe de parar como anúncian os heraldos arrecia e as declaracions coas que os compañeiros do brutalmente asasinado cidadán xa tiñan un 'regusto' algo raro. A mensaxe aclarouse coa sucesión: ETA pide a abstención, ETA asesina, Non lle queremos dar gusto a ETA, ZP pide unha maioría ampla... Coidei que era unha paranoia miña; catro anos escoitando teorías conspiranoicas tiñan que ter algún efecto secundario.

Tiven que viaxar i estiven escoitando RNE de seguido; todo tiña a mesma cor; un SI pero NON, un deixamos mais pedimos.

O colmo do despropósito foi escoitar e ver á furgoneta do BNG pasando a megafonía polo Barco de Valdeorras ás 7 da tarde. E coitado, pensei que xa non se podería ir mais lonxe... Logo, na volta, escoitei o esperpento do pleno de Arrasate no que ANV fixo o seu 'papel' mais decidiu deixa-lo bastón de mando a EB-IU para os actos do sepelio...
Xa mais de noite de camiño da clase de gaita o remate da mán da persoa que falou no nome do PP á saida da xuntanza no congreso dos deputados no que se asinara un documento unitario de condea do atentado. ¿Tanto insitir na unidade dos demócratas para logo sair anunciando a súa posición particular cando a xornada de reflexión xa se iniciara 'de feito'?. Qué baixo me semella. Insitir nas teses sostidas durante a campaña neste intre É pedi-lo voto i É insistir no único tema no que o PP "recauda" votos: O MEDO.

Sego a defende-lo papel da negociación como resolución final dos conflictos e da libre expresión da vontade das persoas, mais NUNCA por baixo do valor da vida das persoas. É por elo que coido que o único que estivo atinado nas súas decalracions foi o señor Lendakari.