Dama moura, peón de rei.

OUUUUuuuu... a min toda esta turbulencia ó redor desta persoa cada vez me ten mais pinta de manobra para forzar unha 'solución rápida' ó tema do Sahara. O único que non me cadra é o papel de Arxelia, pero como non son membro de ningún gabinete de estudos internacionais pois dou por sentado que terá intereses territoriais para obter unha saída ó atlántico directa.

O caso é que hai graves inconsistencias nos plantexamentos de case todos. Por unha banda os partidos de esquerda acudindo a unha xefatura de estado que NON quixeran recoñecer; ou é que agora EU e ERC son monárquicas? Ahh, pode que teñan motivos históricos para tentar de mezclar o cidadán JCI nesto; pero o certo é que a imaxe que se lle brinda á poboación é que "hasta la izquierda recurre al Rey cuando la cosa se complica", esto contribue pouco ó avance das ideas republicanas. Outra cousa é que se queira facer responsable a este persoerio polas ben coñecidas circunstancias cronolóxicas da 'anexión' do territorio e o pesadelo cercano dos Cravos portugueses.

O goberno non sae nada ben parado da situación... a filosofía da "alianza de civilizacions" vese tocada e a coherencia interna respecto a referendums de autodeterminación obriga a manter posicions dogmáticas sobre o que aconteza noutros territorios (Sahara, Kosovo...) pois calquer esbarón neste plano acabaría co P$O€ feito anacos. Acudindo ó 'amigo americano' cando xa se sabía que non actuarían abertamente fíxose un grande ridículo. Culpando indirectamente a quen fai o seu traballo baixo presión e ordes contraditorias estase a crear perigosos precedentes.

A oposición... esperando a que a presa caiga polo seu peso. O peor; ignorar que a situación humanitaria debe resolverse.

Por certo; postos a ofrecer pasaportes, que tal un de Xibraltar? Ibache boa que eses deixaran entrar a alguén sen documentación e fixera esa escenificación...si, ela está en folga; pero toda a parafernalia é escenificación.

Agora o xadrez agarda o movemento...

No hay comentarios: