A moral e a historia

OUUUUuuuu...Si esta especie de primate que chamamos homo sapiens sapiens chegou o actual estado de "desenrolo" (mais tecnolóxico que como sociedade) se debeu á progresiva evolución non só das especies en termos biolóxicos senon da propia organización das sociedades que os diferentes grupos de humans vimos formando ó longo do tempo.

Non cabe dúbida que unha das principais armazons dos grupos sociais ó longo da historia son os valores que eran importantes para cada grupo e o xeito como eses valores se facían 'regla' social e estaban presentes en tódalas manifestacions da sociedade 'ergo' cultural.

E ese conxunto de valores evoluiu tamén co tempo incluso dentro dos aparentes marcos de "estabilidade política" que son os estados organizados. Non quero poñer exemplos para non contaminar o fio do meu pensamento con odiosas comparacions (ás veces necesarias, pero non imprescindibles); mais si lembrar que, curiosamente, é dentro do marco dos estados proto-democráticos donde se deron as mais rápidas evolucions dos valores das sociedades.

O estado no que actualmente vivimos evoluiu dende un réxime de feroz represión a un réxime que precisaba cada volta mais apertura ó exterior e mais adiante a unha 'dictablanda' e logo a un estado "proto-democrático monarquizado" e con esa sociedade evoluiron os valores morais dos seus moradores e as súas manifestacions culturais.

A moral e a ética dos grupos humanos están íntimamente vencellados a ese conxunto de valores que as sociedades van adoptando e temos que saber apreciar esa evolución e a súa velocidade no noso actual marco de convivencia. Cando un valor 'novo' acada o "activo" de seguida se ergue en referenta para a moral e debe ser contrastado polo rexeite a calquer manifestación, organizativa ou cultural que se opoña a elo sen ter en conta a bagaxe histórica que esta teña. Evidentemente ó falar de sociedade non estamos a falar dun comportamento uniforme ou agrupado localmente (ainda que ás veces o semelle) senon, pido perdón anticipadamente, de estatística social.

Así que non importa o significado que unha manifestación cultural tivera para unha sociedade, si esta contravén a un valor 'activo' tarde ou cedo será rexeitada pola sociedade na que se produce ou simplemente abandoada.

Adiantar un debate de este calibre, ser capaz de facelo con serenidade está ben; falar de prohibicions cando habería tantas cousas que prohibir antes que tamén matan e/ou asesinan (minas antipersoa producidas en vai ti saber qué pequeno pobo...) pois non me resulta moi coherente, pero tamén o acepto. Sair por 'soleares' con goyesca chuleria simplemente: Patético.

No hay comentarios: